Percorrido pola arquitectura histórica de Vigo
- Autor(es)
-
GARRIDO RODRÍGUEZ, Xaime
IGLESIAS VEIGA, José Ramón
GARRIDO RODRÍGUEZ, Xaime
IGLESIAS VEIGA, José Ramón
Esta obra leva ao lector a unha viaxe pola historia da arquitectura viguesa, dende a cultura dolménica e castrexa, pasando polas construcións romanas e barrocas, modernistas e racionalistas, ata rematar coa arquitectura característica da primeira metade do século XX. Ademais de presentar os estilos arquitectónicos dentro das grandes tendencias das distintas épocas, selecciona edificios representativos deses estilos, aportando datos de localización, elementos ornamentais, historia e usos do inmoble, influxos doutras edificacións e breve traxectoria do arquitecto.
Concello de Vigo, Fundación Caixa Galicia, 2003
230 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro, 24 x 21,5 cm