Marino Marini
- Autor(es)
-
TORAL, María (Coord.)
TORAL, María (Coord.)
Catálogo da exposición retrospectiva, celebrada por primeira vez en España, de esculturas, pinturas e debuxos do gran artista toscano Marino Marini. Herdeiro da tradición etrusca, as súas esculturas conservan unha pegada mitolóxica latente, xunto a visións dinámicas da vida moderna. Moitas das súas pinturas, distorsionadas, cun estilo expresionista, achéganse á abstracción, sen que deixen de recoñecerse nelas elementos figurativos, como ocorre nas súas esculturas. Imbuíu a súa obra dunha profunda dimensión existencial. Os seus cabalos e xinetes, as súas pomonas e as súas esculturas monumentais seguen fascinando, mantendo viva a súa valiosa contribución á arte moderna.
Textos: María Teresa Tosi, Marisa Oropesa, Fernando Castro Flórez e Martín Páez Burruezo.
Novacaixagalicia
2011
112 páxinas. ilustracións, fotografías en cor, 27 x 21,5 cm