Lugo sentimental
- Autor(es)
-
FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco
FERNÁNDEZ DEL RIEGO, Francisco
Sede episcopal, capital da área romanas de Fisterra, en Lugo foron deixando a súa pegada os suevos, os godos, os árabes e normandos creando unha amálgama pétrea de difícil comparación. Cidade monumental e recolecta, unha das grandes do antigo Reino de Galicia. Francisco Fernández del Riego descríbea nos seus máis entrañables e evocadores recantos e faino a través dun paseo literario que atopa nas anotacións históricas de Javier Mosquera e as suxestivas ilustracións de Álex Vázquez-Palacios o xusto complemento para o disfrute da beleza.
Quinto volume da serie sentimental, un percorrido afectivo deste egrexio intelectual galeguista polas cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, A Coruña, Lugo e algunhas vilas de Galicia.
Apuntes históricos: Javier Mosquera
Ilustracións: Álex Vázquez-Palacios
Caixanova, 2004
Encadernación en tapa dura, 171 páxinas, ilustracións, debuxos a unha tinta, 25 x 35 cm