Francisco de Goya: O rostro, espello da alma
- Autor(es)
-
FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
FUNDACIÓN CAIXA GALICIA
A maior parte dos especialistas na materia indican que a historia do gravado moderno en Occidente ten o seu referente inicial nas manifestacións gráficas de Francisco de Goya.
Goya utilizou a imaxe impresa, as súas famosas series de estampas —«Caprichos», «Desastres da guerra», «Tauromaquia» e «Disparates»— como vehículo de expresión do seu mundo interior, das súas inquietudes e dúbidas acerca da sociedade na que viviu. Nelas, o seu pensamento ilustrado interrógase sobre o ser humano e o seu devir histórico. É precisamente o ser humano o seu único protagonista. O artista insiste nun número determinado de personaxes dotados de trazos esenciais e calidades interiores que se reflicten nos seus rostros como nun espello.
Coordinación: Depto. de Publicacións e Documentación, Fundación Caixa Galicia
Textos: Javier de Blas, Juan Bordes, Pedro Aullón de Haro, René Andioc
Tradución: Top Lingua
Calcografía Nacional, Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Concello de Santiago de Compostela, Fundación Caixa Galicia, 2001
Linguas: galego (texto principal), versións en castelán e inglés
2001
323 páxinas, ilustracións, fotografías en cor, 28 x 21 cm