Autorretrato: El pintor ante su imagen
- Autor(es)
-
SÁNCHEZ VIGO, María (Coord.)
SÁNCHEZ VIGO, María (Coord.)
Catálogo de exposición que explora o autorretrato, un subxénero relativamente recente do retrato, de tardía aparición histórica paralela á crecente apreciación do artista desde o Renacemento e á súa autoafirmación. A isto cómpre engadir a coincidencia cronolóxica entre a aparición do espello de vidro e mercurio a finais da Idade Media e a do autorretrato. Tamén é preciso considerar o coñecemento interior, ás veces alcanzado a través do reflexo da propia imaxe no espello, pero sobre todo a través da introspección, da autoconciencia como espello do eu. Este espello interior, máis alá dos estilos ou propósitos, é o que define a esencia do autorretrato.
Prólogo de Xavier Rubert de Ventós e Pedro Azara.
Fundación Caixa Galicia
1997
54 páxinas, ilustracións, fotografías en branco e negro e cor, 30 x 21 cm