


Situadas na rúa Reconquista, nestas salas podemos dar cabida a todo tipo de actividades que requiran de espazos diáfanos, así como dunha adecuada dotación técnica. Se ben as dedicadamos principalmente a exposicións, estas salas poden albergar con vantaxe outro tipo de eventos, como recepcións ou presentacións.