O recolecto xardín privado con acceso só desde o interior do edificio, presidido por unha glorieta e unha grande escultura de Francisco Leiro, é un remanso de tranquilidade en pleno centro de Pontevedra e revélase como unha contorna ideal para calquera acto social, xa sexa un cóctel para a presentación dun produto, unha pausa-café no transcurso dunhas xornadas de formación ou, por que non? unha sesión fotográfica de moda.