Aprendizaxe
Aula STEAM de Afundación percorre toda Galicia, visitando os Centros Escolares para levar a cabo un proxecto pedagóxico baseado nas artes, a robótica, a programación e a gamificación, adaptado aos diferentes niveis educativos. Porque estamos convencidos de que a integración das diferentes disciplinas é clave para a formación de futuro, comezamos por atendelo na educación de hoxe.
-
Programación para ESCOLARES Curso 2023-2024
Con setembro chega un novo curso escolar e desde Afundación presentámosvos unha chea de actividades para realizar co teu centro educativo, adaptadas a diferentes cursos, temáticas e intereses -
Programación para ESCOLARES Curso 2022-2023
Novas actividades para toda a comunidade educativa con que aprender e gozar por medio da cultura, a tecnoloxía, a ciencia, a economía e a educación en valores. Coñece xa toda a oferta deste novo curso escolar-
Datas:
Curso escolar 2022-2023
-
-
Aula STEAM NATURNOVA. Curso 2021-2022
Este curso os centros educativos poden gozar das propostas da Aula STEAM relacionadas co medio ambiente. Apúntate co teu colexio e trasladarémonos a el con estes interesantes e anovadores contidos-
Datas:
A concertar
-
Horario:
A concertar
-
-
Escolares 2021-22. AULA GREEN STEAM. Novas actividades itinerantes nos centros educativos
Este curso 2021-22 o noso equipo da Área Educativa volve aos coles de Galicia con novos talleres sobre pintura, música e deseño, e en clave sostible-
Datas:
A concertar
-
Horario:
A concertar
-
-
Escolares 2020-21. Programa educativo itinerante AULA STEAM nos centros educativos
Impartidos nos centros educativos polo noso equipo de profesionais. Trátase de obradoiros de robótica e programación sobre arte e natureza para infantil, primaria e secundaria-
Datas:
Curso escolar 2020-2021
-