Aprendizaxe interxeracional
Maiores e estudantes comparten experiencias, reflexións e emocións, establecendo relacións baseadas no respecto mutuo nos nosos programas Fálame da emigración e Falamos da escola (Historia, Lingua e Literatura).
-
Programación para ESCOLARES Curso 2023-2024
Con setembro chega un novo curso escolar e desde Afundación presentámosvos unha chea de actividades para realizar co teu centro educativo, adaptadas a diferentes cursos, temáticas e intereses -
Programación para ESCOLARES Curso 2022-2023
Novas actividades para toda a comunidade educativa con que aprender e gozar por medio da cultura, a tecnoloxía, a ciencia, a economía e a educación en valores. Coñece xa toda a oferta deste novo curso escolar-
Datas:
Curso escolar 2022-2023
-
-
Fálame da emigración
As historias de vida dos maiores na emigración son o eixe do programa, articulado a través de dous encontros nos institutos e precedidos dun traballo preparatorio que se apoia en material e recursos didácticos aportados por Afundación. Maiores e estudantes comparten experiencias, reflexións e emocións, establecendo relacións baseadas no respecto mutuo -
Falamos da escola
A narración das experiencias escolares e circunstancias de vida das persoas voluntarias nacidas nas décadas dos anos 30, 40 e 50 do século pasado son o eixe principal do programa «Falamos da escola». Este encontro favorece que a xente nova se faga consciente e valore que o dereito á educación universal é un logro moi recente do que as persoas maiores non puideron gozar