Chegan os novos
obradoiros plásticos de Nadal para nenos e nenas ás Sedes Afundación da Coruña,
Santiago de Compostela,
Pontevedra e
Vigo co gallo da nosa macroexposición
SIMULTÁNEA. Visitaremos a mostra para despois, grazas aos nosos novos coñecementos artísticos, crear unha auténtica obra de arte do Nadal, na que tamén haberá moito de linguaxe sostible e grandes doses de imaxinación cun pequeno proxecto de STEAM incorporado. Serán os días
26 e 27 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro, en horario de 11.30 a 13.30 h.
5 €/nen@
Prazas limitadas
Devecemos porque neve no Nadal como vemos adoito no cinema, todo o noso imaxinario natalicio xira en torno ao clima frío, mais entre que o planeta se quenta e que nas nosas latitudes xa non é tan habitual que caia unha boa nevarada... teremos que darnos xeito para poder ver folerpas de neve... A única solución para poder gozar delas será creándoas coas nosas propias mans! E como? Pois con moita imaxinación e moita arte.
Exposicións SIMULTÁNEA con obradoiro de Nadal:
A CORUÑA | MODO RETRATO
PONTEVEDRA | ABSTRACCIÓNS E MENSAXES CIFRADAS
SANTIAGO DE COMPOSTELA | ARQUITECTURAS NARRADAS
VIGO | VOAR COA IMAXINACIÓN
Coñece todo sobre o noso macroproxecto expositivo SIMULTÁNEA AQUÍ.
Aproveita para visitares a axenda web e decatarte de todas as propostas culturais que che ofrecemos ao longo do mes. E tamén podes entrar na nosa billeteira en liña Ataquilla.com para outros espectáculos escénicos.