• Español
Historias vividas
  • Historias vividas
  • Filosofía do programa
  • Funcionamento do programa
  • Resolución de dúbidas
  • Contacto
  • Historias vividas
  • Filosofía do programa
  • Funcionamento do programa
  • Resolución de dúbidas
  • Contacto
Inicio Historias vividas

Funcionamiento do programa

  • Presentación
  • Qué necesitas para comenzar
  • Precio
  • Resultado final
  • Tratamento de datos
  • Inicia sesión en envita Inscribete

Presentación

Durante un ano as persoas participantes da primeira edición do programa Historias vividas estarán conectadas aos seus recordos, engadindo historias e fotografías á plataforma online Envita, e a un grupo en que compartirán a experiencia con outra xente participante a través de sesións online grupais ou presenciais nos Espazos +60 de Afundación, se as circunstancias sanitarias o permiten.

Nesas sesións, cunha duración aproximada dunha hora, aproveitaremos para estruturar a experiencia de escribir un libro sobre a nosa vida paso a paso, activar aínda máis os recordos que nos xeran benestar, realizar formación sobre a plataforma Envita e, por suposto, resolver calquera dúbida.

Contaremos tamén con canles de comunicación abertas para a resolución constante de dúbidas sobre aspectos técnicos e a atención personalizada. Ademais, crearemos grupos de whatsapp entre as persoas participantes que o desexen, para fomentar o apoio mutuo durante o proceso de realización do Libro de vida.

Qué necesitas para comenzar

O programa desenvólvese grazas ao uso da plataforma web Envita, axudándonos doutras ferramentas online para unha comunicación sinxela e áxil co equipo de acompañamento e apoio de Afundación.

Polo que, ademais de poñerlle todas as ganas, imos asegurarnos de que contas con todo o necesario para asegurar a túa participación nesta bonita experiencia con todas as garantías e desde o teu domicilio, esteas onde esteas, pois esta é precisamente unha das principais vantaxes do programa.

Comproba que tes o necesario para comenzar:

  • EQUIPO: Ordenador de sobremesa, portátil ou dispositivo táctil.
  • RESOLUCIÓN DE PANTALLA: 1920x1080 (recomendable).
  • SISTEMA OPERATIVO: Windows 8 ou IOs actualizado
  • CONEXIÓN A INTERNET DE BANDA ANCHA
  • CORREO ELECTRÓNICO: Conta de correo electrónico (preferentemente Gmail).
  • NAVEGADORES RECOMENDADOS: Chrome, Safari, Mozilla FireFox, Opera.
  • APLICACIÓNS QUE UTILIZAREMOS: ENVITA, Hangouts, Google Meet, Whatsapp, Youtube, …

Precio

O programa Historias vividas ten unha duración de un ano e un custe total de 120€ (IVE incluído) por persoa.

Aproveita a oferta de lanzamento de 90€ (IVE incluído) exclusiva para socios/as dos Espazos +60 Afundación
*Oferta válida ata o 01 de decembro.
¿ Aínda non ete asociaches aos Espazos +60? Infórmate aquí das vantaxes que ofrece.

¿Que está incluído neste prezo?

  • Subscrición anual á plataforma online Envita.
  • Formación inicial para o manexo da plataforma web.
  • Asistencia técnica constante.
  • Acompañamento online con persoal de referencia de Afundación (whatsapp, videoconferencias, etc.).
  • Sesións grupais de apoio durante todo o programa .
  • Descargas sen límite do teu libro de vida en formato PDF CON marca de auga mentres dure a subscrición.
  • Descarga da versión definitiva SEN marca de auga ao finalizar a subscrición anual (resultado final).

¿Que non inclúe o prezo?

O custo de impresión do libro non está incluído no prezo do programa. Este custo depende do número de páxinas, fotografías, etc. polo que debe ser calculado unha vez o libro estea finalizado*.

*Prezo orientativo para libros de 100 páxinas a cor e en tapa dura: 89 € c/ u

Resultado final

O obxectivo de «Historias vividas» é que ao finalizar o programa contes co teu libro preparado para impresión.

  • Descarga o teu libro en formato PDF libre de marca de auga.
  • Imprímeo pola túa conta ou encárganos a impresión segundo o deseño predefinido.

Durante o programa Historias vividas facilitarémosche toda esta información e recompilaremos as necesidades de todas as persoas participantes para poder ofrecer condicións moi vantaxosas.

Tratamento de datos

Afundación é responsable do tratamento dos datos de alta en Historias vividas, con dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así coma outros dereitos, segundo recolle o Aviso Legal e Política de Privacidade. Non se cederán datos salvo os necesarios para a prestación do servizo.

A alta no programa precisa necesariamente tramitar unha alta na plataforma Envita Digital Solutions S.L. Podes consultar na súa web a súa Política de Privacidade e Condicións de Uso e Contratación (en castelán).

  • Aviso legal
  • Condicións de contratación
  • Política de cookies
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Historias vividas Afundación

    historiasvividas@afundacion.org
    698 186 628