» ¿Que teño que facer para inscribirme no programa Historias Vividas?
Na pantalla de inicio atoparás un acceso directo á Tenda
de Afundación desde a que poderás iniciar o proceso de inscrición e pago do programa.
Se xa es socia/o dos Espazos +60 tamén podes inscribirte presencialmente no teu centro.
» ¿Canto dura o programa?
O programa ten unha duración inicial de un ano.
» Xa me subscribín, mais teño dúbidas e/ ou problemas ao utilizar a plataforma
Contamos cun equipo de soporte que te axudará con calquera dúbida ou problema ao utilizar a plataforma.
Escríbenos un e-mail coa túa consulta a historiasvividas@afundacion.org
ou contacta con teu Espazo +60 de referencia cando se inicie o programa.
» ¿Como podo recuperar a miña contrasinal?
Podes restablecer a túa contrasinal a través da pantalla de acceso de Historias Vividas facendo clic na ligazón
“Esqueciches a túa contrasinal?”.
Usa o mesmo enderezo de e-mail co que te rexistraches e recibirás un correo electrónico cunha ligazón.
Ao picar nel irás dar a unha pantalla para escribir a túa nova contrasinal. Terás que escribila dúas veces.
Se precisas axuda para realizar este proceso tamén podes escribirnos a historiasvividas@afundacion.org
» ¿Que teño que facer para empezar a escribir o meu libro?
Ao te inscribires no programa Historias Vividas de Afundación obterás unha conta de usuario na plataforma Envita.
Unha vez creada, podes acceder en calquera momento a ela desde o teu ordenador ou tablet, e utilizando os navegadores
máis actuais: Chrome, FireFox, Opera e Safari.
Ao tratarse dunha plataforma online, Envita non require que instales nada para funcionar.
» ¿Quen me pode axudar?
O noso equipo de Afundación acompañarate nesta bonita experiencia de escribir un libro de vida ao longo de todo o
programa Historias Vividas. Terás todo o noso apoio e o dos teus compañeiros/ as para que poidas utilizar de forma
adecuada a plataforma online, para realizar as sesións online grupais ou se necesitas unha dose de motivación.
Se o que queres é narrar a túa historia e necesitas que alguén che bote unha man coa escritura na plataforma online Envita,
podes pedirlle axuda a un familiar ou persoa da túa confianza, cederlle o teu usuario e que escriba por ti coma se dun/ ha
“biógrafo/ a” se tratar.
» ¿Podo pedirlle axuda a alguén para escribir o libro comigo?
Si, podes convidar outra persoa da túa confianza a colaborar contigo nesta experiencia. Nalgúns casos é unha boa solución
cando precisas que alguén che ofreza apoio coa escritura do mesmo, para subir imaxes ou para conectarte ás sesións online do
grupo Historias Vividas. Recomendámosche que sexa unha persoa da túa confianza e que te acompañe durante toda a
duración do programa.
» ¿Pódense escribir dous proxectos cunha mesma conta de usuario?
Cada inscrición no programa Historias Vividas inclúe unha subscrición anual individual á plataforma Envita coa que poderás
elaborar online un libro de vida. A través de Envita engadirás o contido do teu libro,
cun máximo de 200 fotografías e sen límite de páxinas.
» ¿Que está incluído no prezo do programa Historias Vividas?
Está incluída a subscrición anual e a formación á plataforma online Envita, o acompañamento online a través de sesións durante
todo o programa e as descargas sen límite en formato PDF do teu libro.
O custo de impresión do libro non está incluído no prezo do programa.
Podes consultar a información completa na sección
Prezo.
» ¿Podo escribir noutro idioma á parte de español?
Os títulos das sección e as preguntas da plataforma están en español polo de agora.
Aínda que podes escribir no idioma que prefiras, ten en conta que á hora de imprimir os títulos
aparecerán en español.
» ¿De canto tempo dispoño para escribir o libro? ¿E se remato antes?
A túa conta de usuario en Envita coincide coa duración do programa Historias Vividas, un ano. Este é o tempo de que dispós para escribir o teu libro.
Pola nosa experiencia con outras persoas usuarias, un ano é un tempo ideal para asumir este proxecto. Podes dar o libro por rematado
no intre que consideres, e pedirnos que imprimamos e che enviemos o libro á casa. A nosa recomendación é que lle dediques tempo, que
busques fotos antigas nos álbums familiares, que investigues a vida do/ a protagonista/ s. Canta máis información, maior valor terá
este legado familiar.
» ¿Que acontece cando finaliza Historias Vividas?
Durante todo o programa terás información sobre as diferentes fases que o compoñen. Antes de que finalice, recibirás un e-mail con
información sobre a túa subscrición á plataforma Envita coa opción de renovala outro ano máis e seguir engadindo novos capítulos ao
teu libro. Se non a renovas, a túa conta permanecerá en modo “demo” durante 2 semanas. Tras estas 2 semanas, os datos serán eliminados
da plataforma.
» ¿Por que se escribe o libro por orde cronolóxica?
Recompilar nun libro as historias, recordos ou reflexións máis importantes da túa traxectoria de vida non é tarefa doada. Por esta razón,
deseñamos o programa Historias Vividas. Para axudarte a facelo dunha forma estruturada e acompañarte no proceso. Unha experiencia que nos
permitirá darlle un novo valor ás experiencias vividas e encontrar ademais novas metas. Polo que, ademais de escribir un precioso libro,
facelo de maneira estruturada e cronoloxicamente permitiranos recordar mellor ou incluso redescubrirnos.
» ¿É obrigatorio engadir contido a todos os capítulos da plataforma Envita?
Non é obrigatorio engadir contido a todos os capítulos, só a aqueles que sexan relevantes para ti.
Na plataforma online encontrarás por defecto unha selección de capítulos clasificados en cada unha das etapas
(Pasado - Presente - Futuro) ou subetapas. Por exemplo, na subetapa “Infancia” contas con varios capítulos para inspirarte
na recompilación de historias que crearán o teu libro. Entre eles:
- nacemento, pais e irmáns
- eu de neno/a
- escola e xogos
- persoas e a miña casa
- veráns e nadais
- ...
E se ademais botas en falta algún capítulo ou queres engadir información podes crear capítulos personalizados
» ¿Podo elixir as preguntas a responder?
Si. Cando creas un proxecto dispós de máis de 250 preguntas distribuídas en 3 etapas (pasado, presente e futuro) e en máis de 40 capítulos.
En cada un dos capítulos hai unha serie de preguntas que te axudan a activar os recordos. Podes responder as preguntas que queiras,
deixar outras en branco e engadir as túas propias.
No teu libro só aparecerá o contido das preguntas que contestes, o resto non. Ademais, os títulos das preguntas non aparecen no libro.
» ¿Que pasa se non respondo unha pregunta?
Non é obrigatorio responder todas as preguntas.
Ademais, se hai un capítulo que escribiches xa, mais non queres que apareza no libro,
podes ocultalo desde a ventá O teu Libro de Vida > Crea o teu libro facendo clic
na icona con forma de ollo do capítulo correspondente.
» ¿Cantas fotos podo engadir ao meu libro?
Podes engadir ata 200 fotos ao teu libro, cun máximo de 4 fotos por pregunta. Admite formatos JPG e PNG.
A foto que engadas á pregunta aparecerá tal cal no libro. Recomendámosche que a teñas preparada con boa calidade
e virada no sentido adecuado. As fotos imprimiranse cun mínimo de 150 ppp (puntos por polgada).
Se queres, podes usar ferramentas online gratuítas como Google Fotos,
BeFunky ou Canva
para editar as túas fotos antes de engadilas ao teu libro. Tamén podes contactar connosco se tes algún problema ou necesitas unha axuda concreta.
» ¿Podo incluír pés de foto ás imaxes do libro?
Si, podes engadir un pé de foto a cada unha das imaxes que subas. Estes pés de foto aparecerán nun formato perfectamente recoñecible,
baixo a correspondente foto no teu libro.
» ¿Hai un límite de palabras ou páxinas para o meu libro?
Non hai límites para escribir o teu libro:
- A subscrición a Historias Vividas permanecerá activa durante 12 meses. Dispós dese tempo para escribires o libro.
- O número de páxinas do libro en formato PDF non ten límite
- O número de páxinas do libro impreso sempre será múltiplo de 4, por razóns de impresión, e sen límite de páxinas.
» ¿Como podo previsualizar o meu libro?
Podes ver e descargar en todo momento unha vista previa do teu libro en PDF formato A4 vertical, cunha marca de auga. No menú
“Crea o teu libro” da plataforma Envita poderás seleccionar os capítulos que queres previsualizar en PDF. Automaticamente xerarase
unha ligazón a ese documento PDF que poderás consultar no menú “A túa biblioteca”.
» Xa rematei, ¿agora como o imprimo?
Coa túa subscrición a Historias Vividas poderás xerar tantas versións do teu libro como desexes de forma gratuíta en formato PDF con marca de auga.
Cando xa teñas a versión final do teu libro podes ademais:
- Descargar en formato PDF sen marca de auga
- Imprimir e recibir no punto de entrega o teu libro (non incluído no prezo de subscrición anual)
Durante o programa Historias Vividas facilitaremos toda esta información e recompilaremos as necesidades de todas as persoas participantes para
poder ofrecervos condicións moi vantaxosas para a impresión do libro.
» ¿Como son os libros en formato impreso?
Cada libro é único e irrepetible, a túa historia e fotografías son as que fan que así sexa. O formato de impresión dos libros de Historias Vividas
é A4 vertical, neste formato non aparece a marca de auga.
Os libros incluirán as fotos que subas, e de forma predeterminada imprímense a cor.
» ¿Podo personalizar a portada?
No menú “Crea o teu libro” poderás personalizar a portada do teu libro, incluíndo a imaxe de portada e un título para o libro.
» ¿É obrigatorio encargar a versión impresa do meu libro?
Non, cando teñas acabado obterás o teu libro en formato PDF sen marca de auga. Podes mantelo nese formato e imprimilo pola túa conta sempre que queiras.
Tamén ofreceremos a posibilidade, ao finalizar o programa Historias Vividas, de que as persoas participantes que así o desexen poidan encargar todas as
copias que queiran do seu libro impreso en papel co formato que se definiu para o programa.
Cada libro é único e conta con diferente extensión, polo que se facilitará un orzamento personalizado para cada unha das persoas interesadas.
» ¿Pódense solicitar copias adicionais?
Si, podes solicitar libros adicionais en calquera momento. Pregúntanos para saber o prezo das copias adicionais.
» ¿Cal é a política de devolución para os libros impresos?
En caso de solicitar a impresión dun libro, este non pode ser devolto ou intercambiado. En caso de que o libro que recibas estea defectuoso,
farémonos cargo e mudarémoscho por un novo.
» ¿Canto tardan en entregarse os pedidos de libros?
Ao finalizar, no programa aglutinamos todos os pedidos de libros en formato impreso para conseguir as mellores condicións. Desde que se realiza
o pedido e unha vez validado o deseño final, estes tardan en chegar aproximadamente 12 días laborais, contando desde o día seguinte ao do pedido.
Irémoste informando ao longo do programa.
» Lin todas as Preguntas Frecuentes e sigo a ter dúbidas.
No caso de que teñas calquera dúbida que non estea incluída nesta sección, ou aínda estándoo non estea de todo clara, podes enviarnos a túa
consulta a historiasvividas@afundacion.org
Encantaranos resolvela o antes posible e ademais, incluirémola nesta sección para que poida axudar a máis persoas.