• Español
Historias vividas
  • Historias vividas
  • Filosofía do programa
  • Funcionamento do programa
  • Resolución de dúbidas
  • Contacto
  • Historias vividas
  • Filosofía do programa
  • Funcionamento do programa
  • Resolución de dúbidas
  • Contacto
Inicio Historias vividas

Filosofía do programa

  • ¿Por qué "Historias Vividas"?
  • O proxecto de vida
  • Un proceso guiado
  • Inicia sesión en envita Inscribete

¿Por qué "Historias Vividas"?

Botar a vista atrás para revisar de forma estruturada a traxectoria de toda unha vida, permítenos conectar cos momentos máis importantes desde unha visión renovada, axudándonos a reflexionar e a valorar a nosa experiencia vital e profesional, a dar un sentido máis positivo á nosa existencia e, á vez, a seguir desenvolvendo o noso proxecto de vida, pensando no que verdadeiramente queremos para o noso futuro.

As historias que contamos sobre nós mesmas/os axúdannos a entender quen somos, a reflexionar sobre como se desenvolveron as nosas vidas e como podían desenvolverse doutro xeito. Pero tamén atopamos moito sentido a través das historias que contan outras persoas, de aí a importancia de compartir as nosas historias vividas, emocións e recordos, especialmente coas persoas que máis nos importan.

O proxecto de vida

Todas as persoas ‒de forma máis ou menos consciente‒ temos un proxecto de vida, é a forma en que queremos construír a nosa vida, o noso lugar na sociedade e está directamente vencellado cos nosos valores, expectativas e metas.

Vivir cunha meta ou un propósito permite ter unha vida máis satisfactoria e ser máis resilientes ante circunstancias favorables ou desfavorables. Ese propósito é denominado ikigai en xaponés, e é a razón pola que nos erguemos cada mañá e que dá sentido á nosa vida.

Construír o relato da nosa historia permítenos pór en valor a nosa experiencia vital, recoñecer os nosos logros, comprender que é o importante para nós, descubrir novas metas ou reafirmar as que xa tiñamos para o noso proxecto de vida.

Un proceso guiado

Escribir un libro pode parecer un gran reto, mais con Historias vividas será moito máis sinxelo. Desde Afundación acompañarémoste para que poidas conseguilo a través de sesións grupais presenciais e/ou online e outras canles de comunicación directas. Serás parte dunha comunidade en que poderás relacionarte con outras persoas que tamén están a facer o seu libro e aprender con elas.

Historias vividas utiliza como soporte a plataforma web Envita, deseñada especificamente para a recompilación de historias, engadindo textos e imaxes de forma guiada e seguindo unha liña temporal. Desta maneira, imos activando os nosos recordos e engadindo contido ao noso libro, capítulo a capítulo, coincidindo coas diferentes etapas vitais: infancia, xuventude e vida adulta.

Durante o proceso de engadir contido, a plataforma iranos propondo unha batería de preguntas para axudarnos a activar recordos e que a escritura sexa máis sinxela. Se botamos en falta algún capítulo, sempre poderemos crealo de forma personalizada. Ao ser unha plataforma en liña permítenos engadir contido en calquera momento e compartir ‒se así o desexamos‒ capítulos específicos ao longo do proceso.

  • Aviso legal
  • Condicións de contratación
  • Política de cookies
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Historias vividas Afundación

    historiasvividas@afundacion.org
    698 186 628