• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Conócenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposiciones
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Belenes Afundación
    • Publicaciones
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Mayores
    • Programas
      • Catedra Logevidad
      • Aprendizaje permanente
      • Bienestar físico
      • Cultura digital
      • Conociendo las emociones
      • Entrenamiento cognitivo
      • Ocio activo
      • Valor de la experiencia
    • Espacios +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Hazte voluntari@
    • Programas +Sociales
      • Ayudar a Ucrania
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear y conversar
  • Agenda
Inicio Sala de prensa Noticias A ópera Werther chega ao Teatro Afundación o 8 de novembro para poñerlle o peche ao «Outono Lírico 2025»
Sala de prensa
A ópera Werther chega ao Teatro Afundación o 8 de novembro para poñerlle o peche ao «Outono Lírico 2025»

A ópera Werther chega ao Teatro Afundación o 8 de novembro para poñerlle o peche ao «Outono Lírico 2025»

xoves, 30 de outubro de 2025
Cultura

A ópera Werther, de Jules Massenet, será interpretada por primeira vez en Vigo este 8 de novembro no concerto de clausura do «Outono Lírico 2025», o ciclo promovido pola Asociación de Amigos da Ópera de Vigo. A Orquestra Sinfónica Vigo 430 encargarase da música, e participarán ademais as voces do Coro do IES da Xunqueira 1, de Pontevedra. O tenor Ismael Jordi, un dos máis apreciados na escena global da ópera, liderará o elenco. As entradas están á venda en Ataquilla.com.

O aclamado tenor español Ismael Jordi (Jerez de la Frontera, 1973) asumirá o papel protagónico de Werther. Jordi é unha figura imprescindible nos principais teatros de ópera do mundo, incluíndo o Teatro Real, o Gran Teatre del Liceu e a Royal Opera House de Londres. A dirección musical asúmea Manuel Coves. A dirección de escena é de Ignacio García.

 

Werther

Composta máis dun século despois da estrea da obra de Goethe, Werther eríxese como a creación máis representativa e única do compositor Jules Massenet. Baseada na novela homónima de Goethe e coñecida como o Tristán e Isolda francés, o Werther de Jules Massenet é unha creación recoñecida como unha das obras cumes da ópera romántica.

Na trama, Werther presenta un triángulo amoroso tráxico: o mozo Werther namórase de Charlotte, a prometida do seu amigo Albert. A pesar dos sentimentos mutuos, Charlotte decide ignoralos e cumprir o seu compromiso con Albert, mentres Werther mergúllase máis e máis na súa desesperación por non poder estar xunto a ela. Cando a realidade imponse con forza, Werther toma a tráxica decisión de quitarse a vida, incapaz de soportar vivir sen o seu amor.

 

«Cultura por alimentos»

Este espectáculo forma parte do programa solidario «Cultura por alimentos», desenvolto pola Obra Social de ABANCA en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). As persoas que asisten aos espectáculos poden colaborar depositando alimentos non perecedoiros nos contedores dispostos para tal fin no Teatro Afundación. As doazóns serán distribuídas por FESBAL entre familias en risco de exclusión de Vigo e a súa área de influencia.

 

 

 

 

Hai imaxes algúns dos espectáculos nesta ligazón

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Conócenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicaciones
    • Centros
  • Mayores
    • Programas Espacios +60
    • Espacios +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociales
  • Agenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servicios
  • Aviso legal y política de privacidad
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078