Un microcrédito social, fácil, seguro e inmediato.

Como funciona?

Calquera persoa física, maior de idade, residente en España e que presente un documento de identificación vixente válido no estado español (Documento Nacional de Identidade ou Tarxeta de Residencia) pode solicitar financiamento acudindo á oficina do Monte de Piedade coa garantía de xoias de ouro e pedras preciosas das que sexa propietaria lexítima.

Unha das nosas grandes vantaxes é que un equipo de xemólogos realizará unha taxación profesional e fiable das xoias, a partir da cal se formalizará no momento o importe do préstamo.

Cales son as condicións?

O préstamo que se concede é do 70 % da taxación fixada e o importe mínimo é de 50 €, mentres que o máximo é de 3.000 € por día, poñendo como tope 6.000 €. Dito importe abóase en efectivo sempre e cando non supere os 2.500 €, momento no cal se fará a través de transferencia bancaria.

O préstamo concédese a un interese do 5 % semestral durante os seis primeiros meses, renovable ata tres anos. A comisión da taxación realizada e formalización do préstamo, abóase no momento da súa formalización.

As xoias quedarán en depósito ata que o cliente cumpra os seus compromisos de pagamento.

Como podo recuperar as miñas xoias?

O cliente pode cancelar o contrato pasados 15 días e amortizalo parcialmente en calquera momento e sen custo; pasado o prazo de vencemento, deberá cancelar ou renovar o préstamo a través de calquera das oficinas da rede de ABANCA.

Se non lle resulta posible cancelar o préstamo, realizarase unha retaxación para que non perda a súa xoia e poida empeñala en futuras ocasións. Se nun prazo de 90 días tras o prazo de vencemento non realiza ningún dos trámites, as xoias poden saír a poxa pública, previo aviso ao cliente.

Normativa xeral do Monte de Piedade