Taxación

Os nosos xemólogos realizan valoracións das túas xoias reais, independentes e conforme á normativa do sector, que poderás utilizar en aperturas de seguros, repartición de herdanzas ou vendas a particulares, entre outros.

Estes emitirán un informe coa taxación, descrición pormenorizada e valoración segundo o mercado das xoias. O prezo do servizo establécese sobre o total da taxación.

Venda de xoias por conta de terceiros

Vende as túas xoias e consigue o mellor prezo por elas grazas ás poxas do Monte de Piedade de Afundación, con garantía de seriedade, profesionalidade e transparencia.

O custo do servizo consiste no pagamento de gastos de taxación e catalogación, ademais da comisión polo prezo de venda alcanzado.

Custodia

Axudámosche a manter as túas xoias nun lugar seguro para que evites riscos innecesarios.

Permanecerán almacenadas en cámaras de alta seguridade para evitar roubos, accidentes ou espolios e poderás recuperalas no momento en que o requiras.