• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • ico-home Colección
  • ico-artists Artistas
  • ico-obras Obras
  • ico-prestamos Préstamos
  • ico-shop Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

MINGOS TEIXEIRA

TEIXEIRA RODRÍGUEZ, DOMINGO J.

( 1955 - )

Biografía

De formación case autodidacta, seguiu cursos de debuxo e pintura na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal. Compartiu a dedicación á pintura con tarefas industriais, que abandonou para se entregar a actividades didácticas en centros de ensinanza e a divulgacións de arte preto da mocidade, que mereceron o estímulo e o eloxio xeralizados. Crea e dirixe a Escola de medios técnicos de realización artística "Irmanxelos" e outras, sendo tamén bolseiro da Xunta de Galicia para a investigación plástica. Empezou a expoñer nos anos oitenta, en colectivas, en moitas das que obtivo premios, coma o primeiro do centenario da Alianza Francesa, en Vigo. As súas mostras individuais sucedéronse por toda España nos últimos anos. Está representado nos museos de Vigo, Pontevedra, Ourense, A Coruña e figura en importantes coleccións institucionais, entre elas a Thyssen Bornemisza. Mingos Teixeira, firma deste pintor, é un abstracto puro, rigorosamente informalista, máis achegado ó expresionismo exultante cá outros modos de razoa-la ausencia de referencias concretas. As súas manchas grumosas, cunha textura moi calibrada, son expansivas, centrífugas, sobre fondos neutros e coma de aurora. Unha etapa inicial da súa obra achegouno a Manuel Viola e ó expresionismo abstracto francés aínda que Mingos é no fondo un lírico exquisito, tendente ó intimismo, captable nos seus rosas inefables, nos seus ocres atenuados, nos seus laranxas suaves, sobre os que inscribe negros viscosos, densos con grumos e grafismos de grande efectividade.

Bibliografía

-VV. AA.: Feitizo. Alicante, Sala Municipal, 1995.

Obra

  • En Flandes se ha puesto el sol

    En Flandes se ha puesto el sol 1990

  • Meditaciones poéticas

    Meditaciones poéticas 1994

  • Encantamiento mágico

    Encantamiento mágico 2005

  • EL ADIOS

    EL ADIOS 1989

Ver todas as obras ico-arrow-right
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2019 © Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2019
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78