• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Encantamiento mágico

MINGOS TEIXEIRA

Encantamiento mágico
INV:
3921
Año de creación:
2005
Dimensiones:
122 x 366 x 0
Técnica:
Mixta sobre madeira

Comentarios

Neste díptico de Mingos Teixeira, pintor abstracto e informalista que xoga coas texturas creando manchas grumosas de cor, sorprende o contraste de sensacións: movemento fronte a estatismo.
O lenzo dereito é un xogo de cores fortes, sen formas evidentes, que se dispoñen horizontalmente, rotos nalgún momento polo gris con que reviste o fondo. Moi interesado na cor que formula como unha forma de comunicación na arte, utiliza tons vivos, creando un cromatismo intenso de vermellos, rosados e laranxas na parte superior, que se transforman en tons escuros, negros, azuis e morados na parte inferior. Un horizonte crepuscular, onde os tons son os auténticos protagonistas.
No lenzo esquerdo, as pinceladas superpóñense creando texturas empastadas e calibradas que se mesturan co fondo mediante trazos expresivos e xestuais. O gris únese ao morado, ao laranxa, ao vermello e ao branco nunha composición intimista.

Unha peza onde as dúas partes se complementan, porque mentres unha presenta unha pincelada suave e sosegada que dá sensación de quietude, a outra, xestual e intensa, transmite sentimentos de forza e movemento.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78