• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

LAGO RIVERA

Lago Rivera, Antonio

( A Coruña, 13 de junio de 1916 - París, Francia, 30 de julio de 1990 )

Biografía

Vocación moi temperá a deste excepcional pintor, un dos componentes máis destacados da Escola Española de París. Iniciou os seus estudios na Escola de Artes e oficios da súa cidade natal nos anos de preguerra. Ó concluí-la contenda civil, trasládase a Madrid, para cursa-la carreira de Belas Artes na Escola de San Fernando. Conta entre os seus profesores a mestres coma Chicharro e Vázquez Díaz. É bolseiro da Deputación herculina e gaña igualmente unha bolsa de estudios para O Paular, en 1944. Un ano despois, a dirección de Asuntos Internacionais de Francia pensiónao para completar estudios na Escola de Belas Artes en París. Comeza a expoñer na cidade francesa en 1946, axudado por Jaume Sabartés, secretario de Picasso. Co seu amigo, o pintor Guerrero, que compartíu esta primeira mostra, regresa a Madrid en 1947. Unha seria enfermidade teno afastado algún tempo da pintura. Reposto, regresa a París ó media-lo século e contrae matrimonio cunha francesa. Instalado definitivamente en Francia, permanecerá alí ata a súa morte, aínda que as visitas ocasionais a España, e mesmo a Galicia, son frecuentes. Lago Rivera vai consolidando a súa fama cunha pintura de extraordinaria delicadeza, que hoxe está nos museos de Arte moderna de Francia, de Madrid, de toda Galicia e en numerosas cidades de Europa e América. Desde unha inicial etapa figurativa, de rigor debuxístico e colorismo quente, deriva cara a unha total simplificación de exquisito lirismo, de perfección suma, en entoacións suaves, de azuis, rosas e amarelos esvaídos. Digamos que "infantiliza" os temas e os fai case monocromos. O azul tenue, con zonas de brancos, será o seu cromatismo preferido. Nada máis delicado, máis lírico e intimista cós seus bodegóns, onde as cousas representadas cobran unha espiritualidade case relixiosa. Unha luz cribada envolve as representacións e hai sempre nos seus cadros unha atmosfera de brétema. Ás veces recorre á anécdota para transformala en pintura pura. Nas súas paisaxes a penas hai referencias. As súas mariñas son unha absoluta delicia. Digamos que a súa é unha pintura musical, pero de música de cámara, interpretada con violín ou frauta, sen posible estridencia.

Bibliografía

-Xuriguera, Gerard: Pintores españoles de la Escuela de París. Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1974. -Pintores españoles de la Escuela de París. Catálogo. Vigo, Caixavigo, 1992. -Gaya Nuño, J. A.: La pintura española del siglo XX. Madrid, Ibérico Europea de Edic. 1970. -Aguilera Cerní, Vicente: Panorama del nuevo arte español. Madrid, Edic. Guadarrama, 1966. -Campoy, A. M.: Diccionario crítico del Arte español contemporáneo. Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1975. -Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981. -Pablos, Francisco: Colección Adriano Marques de Magallanes. Vigo, Concello, 1992. -Mon, Fernando: Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia, 1987. -Areán, Carlos: 30 años de arte español. Madrid, Edic. Guadarrama,1972.

Obra

  • Paisaje gris

    Paisaje gris 1970

  • Dos mujeres

    Dos mujeres 1980

  • Bruma en la montaña

    Bruma en la montaña 1983

  • Botellas

    Botellas 1970

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2023© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2021
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78