Manchas
- INV:
- 4122
- Año de creación:
- 1959
- Dimensiones:
- 73 x 92 x 0
- Técnica:
- Óleo sobre lenzo
Comentarios
Esta obra de Lago Rivera é de extraordinaria delicadeza e de total simplificación. Encádrase a mediados da década dos anos 50, cando o artista presentou na Galería Arnaud de París unhas obras con ritmos de manchas e trazos negros ou sen raias sobre fondos azuis ou branco, nos que había unha xeometría pura de manchas de cor vermella, azul e amarela.Lago Rivera pinta por impulso propio, cunha pincelada extensa, empastada, que discorre pola tea en capas de manchas superpostas, sen crear grumos nin relevos. As manchas aparecen como flotando no espazo, creando sensación de movemento nunha paisaxe de luz e cor.
Cromatismo intenso nunha paleta que se caracteriza por ser reducida e austera, baseada en tons ocres e terras, con toques de luz que lle dan ritmo á mancha.