A Sede Afundación en Santiago de Compostela acolle unha mostra para engaiolar sobre todo a xente miúda. «Con D de Arte. Unha ollada infantil á Colección de Arte Afundación máis contemporánea» poderase visitar ata o 12 de setembro. Un auténtico tesouro de obras de arte da nosa Colección para afondar, en familia, no universo artístico máis abraiante.
Exposición con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e da cultura como o fixeches sempre.
Exposición de arte contemporánea en que se propón un paseo cheo de sorpresas. Está formada por obras feitas hai poucos anos da Colección de Arte Afundación. Cun deseño pensado para público familiar e infantil, este é un proxecto de educación nas artes e tamén a través da arte, pois as obras contemporáneas agochan grandes historias relacionadas coa igualdade entre as persoas, a importancia de coidar o noso planeta e a diversidade dos nosos sentimentos.
A arte contemporánea, pola súa capacidade para mediar entre artista e espectador, disfrútase máis canta máis imaxinación e sensibilidade ten a persoa que observa, así que esta é unha exposición especialmente pensada para vós.
MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID
-Asistencia obrigada con máscara
-Control da capacidade
-Itinerarios e percorridos marcados para fluidez de público
-Xel hidroalcólico en múltiples puntos dos edificios e salas
-Desinfección rigorosa de espazos
-Substitución de elementos táctiles e de man (pantalla, interactivos, folletos) por outros elementos audiovisuais que non requiren de contacto físico
-Supervisión en sala por parte de persoal para o cumprimento da distancia de seguridade
Exposición Con D de Arte
Exposición Con D de Arte
Exposición Con D de Arte