• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Conócenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposiciones
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Belenes Afundación
    • Publicaciones
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Mayores
    • Programas
      • Catedra Logevidad
      • Aprendizaje permanente
      • Bienestar físico
      • Cultura digital
      • Conociendo las emociones
      • Entrenamiento cognitivo
      • Ocio activo
      • Valor de la experiencia
    • Espacios +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Hazte voluntari@
    • Programas +Sociales
      • Ayudar a Ucrania
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear y conversar
  • Agenda
Inicio Sala de prensa Noticias Arranca a tempada dos abonos de música clásica de Novacaixagalicia
Sala de prensa
Arranca a tempada dos abonos de música clásica de Novacaixagalicia

Arranca a tempada dos abonos de música clásica de Novacaixagalicia

lunes, 09 de septiembre de 2013

A Fundación Novacaixagalicia pon á venda os abonos da súa nova tempada de música clásica viguesa a partir de mañá, martes 10, e ata o 27 de setembro mediante as súas canles habituais de comercialización de espectáculos, a web de Servinova, www.servinova.es, e a billeteira telefónica 902 504 500. Todos aqueles que desexen facerse coas entradas soltas poderán facelo polo mesmo sistema a partir do 30 de setembro. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % a respecto dos prezos dos billetes soltos, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para os desempregados, os xubilados e os novos que supoñen unha rebaixa adicional dun 10 % a respecto do prezo dos abonos. Todas as funcións terán lugar no teatro do centro cultural da entidade en Vigo, emprazado na rúa Policarpo Sanz, 13.

 

A tempada de clásica da Fundación Novacaixagalicia, que vai dende outubro ata decembro de 2013, ofrece ao espectador obras de Mahler, Beethoven, Brahms, Sibelius o Haydn da man de directores como Lawrence Renes, Paul Daniel o Víctor Pablo Pérez e con solistas como Benjamin Schmid ao violín ou Paul Lewis ao piano ou as sopranos Isabel Rey e Nicole Cabell.

 

 

Os concertos

 

A primeira das ofertas musicais  da temporada terá lugar o xoves 10 de outubro, cando a Orquesta Sinfónica de Galicia presentará un programa homenaxe a Antón García Abril, con obras de Samuel Barber, Gustav Mahler e o propio Antón García Abril. Con Lawrens Renes, actual director musical da Ópera Real de Suecia, á batuta, contará tamén coa soprano Nicolle Cabell, gañadora en 2005 da BBC Singer of the World Competition. O concerto comezará ás 20:30 h no teatro do Centro Cultural Da Fundación Novacaixagalicia.

 

A segunda cita do último trimestre do ano será o venres 18 de outubro da man do director Paul Daniel e coa presenza da soprano Isabel Rey acompañando á Real Filharmonía de Galicia. O programa deste concerto, que terá lugar ás 20:30 h, estará alicerzado en obras de Mahler, Beethoven e Octavio Vázquez.

 

David Afkham, en calidade de director, estará coa Orquestra Sinfónica de Galicia o xoves 7 de novembro ás 20:30 h no teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo. Con Benjamin Schmid ao violín, o programa abrangue obras de Webern e Brahms.

 

Este trimestre de abonos de música clásica continuará o mércores 13 de novembro, tamén ás 20:30 h cun concerto da Real Filharmonía de Galicia baixo a batuta de Paul Daniel e o coro capela Compostelana dirixido por Miro Moreira. Interpretarán obras de Johannes Brahms e Jean Sibelius.

 

O xoves 12 de decembro a programación continuará coa Real Filharmonía de Galicia dirixida por Hakan Handenberger que é ademais un dos mellores solistas de trompeta na actualidade.  O programa do concerto inclúe nesta ocasión obras de Bach, Haydn, Heinz Karl Gruber e Francis Poulenc.

 

Para rematar a tempada, a Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por Víctor Pablo Pérez, chegará o xoves 19 de decembro. O concerto contará coa representación de obras compostas por Johannes  Brahms.

 

A Fundación Novacaixagalicia, entidade herdeira da obra social e cultural das caixas de aforros, ten entre os seus obxectivos fundacionais o fortalecemento do tecido social galego, o fomento do emprego e a difusión da cultura nas súas múltiples facetas e manifestacións. Logo de se adaptar ao actual contexto socioeconómico que a situou perante novos sistemas de xestión, a entidade continúa a traballar a prol dos seus propósitos fundacionais e primixenios, porque segue a ser consciente de que o fortalecemento do sector social e cultural é fundamental para o avance de Galicia.

Coñécenos por dentro en www.obrasocialncg.com.

Podes seguirnos en Facebook, Twitter e Youtube.

 

Vídeos

Imágenes

  • Galego
  • Conócenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicaciones
    • Centros
  • Mayores
    • Programas Espacios +60
    • Espacios +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociales
  • Agenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servicios
  • Aviso legal y política de privacidad
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078