• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Conócenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposiciones
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Belenes Afundación
    • Publicaciones
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Mayores
    • Programas
      • Catedra Logevidad
      • Aprendizaje permanente
      • Bienestar físico
      • Cultura digital
      • Conociendo las emociones
      • Entrenamiento cognitivo
      • Ocio activo
      • Valor de la experiencia
    • Espacios +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Hazte voluntari@
    • Programas +Sociales
      • Ayudar a Ucrania
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear y conversar
  • Agenda
Inicio Sala de prensa Noticias Miguel Rodríguez Monteavaro recibiu hoxe o XXII Premio de Poesía Afundación
Sala de prensa
Miguel Rodríguez Monteavaro recibiu hoxe o XXII Premio de Poesía Afundación

Miguel Rodríguez Monteavaro recibiu hoxe o XXII Premio de Poesía Afundación

lunes, 25 de noviembre de 2024
Cultura

Miguel Rodríguez Monteavaro, gañador do XXII Premio de Poesía Afundación pola súa obra Cortar pescado en Manila, recibiu o seu recoñecemento hoxe, luns 25 de novembro, ás 19.00 h, no Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela (praza de Cervantes, s/n).

A este acto de celebración da poesía galega asistiron o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet; o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o presidente do Centro PEN Galicia, Luís González Tosar; e o gañador da XXII edición do Premio de Poesía Afundación, Miguel Rodríguez Monteavaro.

O premio, convocado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Centro PEN de Galicia, foille outorgado a Rodríguez Monteavaro, entre as 32 obras inéditas presentadas, pola súa obra Cortar pescado en Manila. En palabras do xurado, conformado por Héitor Mera, Inma López Silva e M.ª Neves Soutelo, como representantes vogais e profesionais da escrita; o seu secretario, Xabier Castro Martínez, e o seu presidente, Luís González Tosar, a obra gañadora presenta «un interesante percorrido formal que emprega con habelencia o efecto de distanciamento para tratar temas próximos como a realidade laboral, o amor, a violencia..., pero tamén toda a beleza que se pode atopar neses ámbitos. Desde o punto de vista poético, o autor manexa con habelencia o ritmo lírico e narrativo para crear un texto unitario».

A gala contará cunha intervención poético-sonora de Miguel Rodríguez Monteavaro, deseñada ad hoc para este evento, coa participación do músico Andrés Rodrigues.

 

As imaxes da entrega están dispoñibles aquí.

 

Miguel Ángel Escotet, presidente da Obra Social de ABANCA, quixo subliñar que «Non é nova a aposta de Afundación, Obra Social ABANCA, por fomentar a creación e a divulgación cultural, esta susténtase nunha longa traxectoria de convencemento de que esta é unha vía imprescindible para dinamizar e impulsar o desenvolvemento de mulleres e homes de todas as idades e o avance social. Desde ese convencemento, e con vocación transformadora, promovemos este premio que continúa florecendo ao longo dos anos. Xa contamos con vinte e dúas edicións, e pouco a pouco vai conformando unha extensa nómina de escritoras e escritores que ocupan un lugar destacado no panorama literario actual. Así mesmo, esta e cada unha das edicións do galardón recórdannos o valiosas que son as colaboracións institucionais. A suma de esforzos amósanos a importancia de traballar de forma coordinada para levar a cabo e manter no tempo proxectos coma este premio de poesía. Comprácenos compartilo coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, concretamente coa súa Dirección Xeral de Cultura, e co Centro PEN de Galicia. Grazas, Anxo e Luís.».

Finalmente, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, salientou «a contribución ao prestixio e á produción poética en galego que representa o Premio de Poesía Afundación, promovido desde hai máis de vinte anos por esta institución, pola Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia». O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude felicitou o gañador por pasar a formar parte «dun selecto grupo integrado por importantes nomes da poesía galega contemporánea».

 

O PREMIADO E O PREMIO

 

Miguel Rodríguez Monteavaro (Boal, Asturias, 1990) é poeta, músico e doutor en Lingüística pola Universidade de Uviéu (Asturias). Publicou varios libros de poesía, entre os que destacan Trenta razóis pra nun medrar (2010), superpoderes (2020), o bilingüe Oi, que dice mamá que volvas/Hey, mom says come back (2023) e A lluz, Orión e a nova lluz (2024). Tamén gañou varios premios literarios, concursos públicos e residencias como o Premio Asturias Joven de Poesía (2019), o I Premio Ría del Eo de Poesía (2021), a Residencia Asturies (2021), a Residencia Artes Escénicas Laboral Ciudad de la Cultura (2022) ou o Premio de Poesía Xuan María Acebal (2024), entre outros. Ademais, en 2023 conseguiu unha Axuda á Creación Literaria do Goberno do Principado de Asturias e o primeiro posto na categoría de Poesía das Subvencións á Creación do Ministerio de Cultura do Estado español. Rodríguez Monteavaro é coordinador e director do Ciclu de Poesía QED de Uviéu, e os seus poemas, escritos orixinalmente en galego de Asturias e en asturiano, foron traducidos a español, inglés, chinés, sueco, canarés, polaco, occitano e francés.

O galardón, que implica a publicación do libro na colección «Arte de trobar» e unha dotación económica de 7000 euros, comezou o seu percorrido no ano 2002 a instancias do PEN Club de Galicia e de Afundación. No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Vale Regueiro, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña, Estíbaliz Espinosa, Gonzalo Hermo, Miguel Sande, Oriana Méndez, Medos Romero, Ledicia Costas e Rafa Vilar, gañador da anterior convocatoria.

O premio, que celebra a súa vixésimo segunda edición, conta co apoio e a participación da Xunta de Galicia, cuxa implicación no proxecto garante a estabilidade do galardón e contribúe a preservar esta cita de referencia na axenda cultural galega, á vez que estimula a creación literaria. Afundación e o Centro PEN de Galicia, tras máis de dúas décadas de implicación e compromiso coa poesía e coa literatura galega, continúan traballando por un xénero indispensable que serve de alicerce para a consolidación da renovación estética e para a normalización da lingua galega.

Vídeos

Imágenes

  • Galego
  • Conócenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicaciones
    • Centros
  • Mayores
    • Programas Espacios +60
    • Espacios +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociales
  • Agenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servicios
  • Aviso legal y política de privacidad
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078