• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Entidades e participantes no programa «Coñecendo as emocións» de Afundación destacan o seu impacto positivo
Sala de prensa
Entidades e participantes no programa «Coñecendo as emocións» de Afundación destacan o seu impacto positivo

Entidades e participantes no programa «Coñecendo as emocións» de Afundación destacan o seu impacto positivo

luns, 22 de decembro de 2025
Mayores

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), ATEGAL e Contigo Galicia son tres das 13 entidades sociais que están a desenvolver desde outubro ata o próximo xaneiro o programa de Afundación «Coñecendo as emocións», con 259 persoas usuarias das súas organizacións, en 21 localidades galegas e Madrid. A iniciativa, que está na súa V edición, foi codeseñada con persoas maiores, testeada, validada e implementada en catro edicións sucesivas en colaboración con Matia Instituto, entidade dedicada desde hai máis de 20 anos á investigación no ámbito do envellecemento.

Como novidade nesta edición, a partir do traballo de cocreación levado a cabo polo equipo de Afundación con profesionais de seis entidades durante 2024, impartiuse unha versión do programa que se adaptou ás necesidades e capacidades cognitivas de participantes de centros de día e residencias e persoas usuarias de asociacións que traballan en contornas vinculadas ás enfermidades mentais. A transcendencia desta adaptación consiste en levar a formación en competencias emocionais a contornas asistenciais e de coidados con materiais especificamente adaptados.

 

Imaxes dispoñibles AQUÍ

 

AS EXPERIENCIAS DE PARTICIPANTES E FACILITADORAS

COGAMI desenvolve nesta edición o programa en oito dos seus centros en Galicia. En Baiona contou con 8 participantes que destacan, ás portas de finalizala o próximo 30 de decembro, como lles permitiu «aprender a valorarse», a «sentirse moi a gusto» ou «a estar satisfeita en todos os sentidos». Unha apreciación que comparte Rocío González, facilitadora, para quen «resulta reconfortante tratar de ensinar e falar con eles desde a linguaxe emocional».

Nos centros COGAMI do Porriño e Tomiño, onde se desenvolveu por primeira vez o programa na súa versión adaptada, participaron 12 persoas, que subliñan a importancia de realizar actividades en clave emocional. Para Patricia Martínez, unha das facilitadoras, «emocióname o feito de que o que eles transmiten son as súas propias palabras. E isto xa é moito porque son persoas que teñen dificultades para iso. É por isto que, cando un facilita, dinamiza, comparte, acompaña en clave emocional, todo adquire outro sentido. É máis, dótao de sentido».

Unhas impresións que fan moi visibles os comentarios dalgunhas das persoas participantes quen, como Aurora, subliñan que «moitas cousas as suxeita cada un en si e falalo con outra persoa libérache desa situación e chegas a mellorar moito», ou José María que incide en aprender a importancia de «saber de que cosas falas para que non prexudique aos demais», ou Alberto Mariano que comenta como con esta experiencia puido visibilizar «o importante que é saber escoitar, saber coñecerse e saber que función ten unha emoción».

Desde o centro Contigo Galicia de Cangas, que contou con 4 participantes nesta edición que acaba de finalizar, a facilitadora Lucía Gil subliña como «impartir este programa non só foi beneficioso para cada unha das persoas de forma individual, tamén foi un agasallo de forma colectiva, onde puideron crear lazos». Así, as participantes resaltan como descubriron, por exemplo, as emocións que producen as cousas sinxelas: «a alegría é ese sorriso que se me pon na cara cando escoito a chave de casa e vexo entrar ao meu fillo».

En ATEGAL, en Vigo, participarán ata o próximo 20 de xaneiro 12 persoas. En palabras de Belinda López, facilitadora, «o que máis me emociona deste curso é ser testemuña de como a aprendizaxe emocional transforma non só a cada persoa, senón a todo o grupo. Estas persoas, que no seu día a día apenas tiñan espazo para falar do seu mundo interior, abrazaron o programa cunha curiosidade asombrosa». Mentres as persoas usuarias relatan como, por exemplo, descubriron que «escoitarse a unha mesma non é un erro, non só deume paz, senón que me permite relacionarme cos fillos e netos desde a tranquilidade».

Desde COGAMI, en Coia (Vigo), onde participaron 6 persoas, a facilitadora do programa subliña a importancia que supuxo a súa adaptación a distintos perfís. Para Olivia Losada «creamos un clima de seguridade e confianza onde as persoas puideron abrirse e compartir. Non é habitual poder desenvolver este tipo de programas tan participativos con persoas de centros de día» Algo que corroboran as persoas usuarias, que destacan, por exemplo, como «sentimos liberadas de que nos escoiten. Hai cousas das emocións que non sabemos explicar e aprendín un pouco de iso».

Un impacto positivo que destacan tamén, ademais das persoas usuarias destas 3 entidades, as 8 persoas socias que participaron nesta edición no Espazo+60 Afundación de Vigo, que subliñan como permite socializar en emocións e coñecer como se pode reaccionar. «Este curso está a proporcionarme moitas estratexias para actuar en situacións que me superaban», «ademais de coñecer as emocións, podemos ver como cada persoa actúa dunha forma diferente», «cada un no grupo achega moito aos demais» ou «nos dá claves para xestionar problemas» son algunhas das reflexións que achegan co curso recentemente finalizado.

O PROGRAMA

Os resultados obtidos ata o de agora evidencian que «Coñecendo as emocións» permitiu a mellora do benestar e a adquisición de competencias emocionais das persoas participantes, segundo a investigación realizada por Afundación e Matia Instituto, entidade de referencia en España na materia e con máis de 20 anos de traxectoria. Os resultados, validados ao longo destas 5 edicións, mostran que 9 de cada 10 persoas obtiveron beneficios nalgunha dimensión, mellorando a súa conciencia emocional, a súa comprensión das emocións, a súa regulación ou o seu nivel de benestar. Ademais disto, as persoas participantes relatan que melloraron nas súas relacións con elas mesmas e cos demais, grazas á adquisición e desenvolvemento de habilidades e competencias como a escoita activa, a comunicación asertiva ou aprender a poñer límites. Tamén se observa un resultado significativo na saúde percibida, de maneira que as persoas valoran mellor o seu estado de saúde ao finalizar o programa de forma consistente ao longo das distintas edicións.

«“Coñecendo as emocións” permite ás persoas participantes fortalecer os seus recursos persoais e compartir experiencias que lles axudan a afrontar as situacións cotiás, entender as súas reaccións, tomar alternativas para regularse e coidar os vínculos afectivos, e así o subliñan tras finalizar as sesións», destaca Sabela Couceiro, coordinadora da área de Maiores de Afundación.

Tras a exitosa experiencia con persoas socias dos 11 espazos +60 Afundación, o programa estendeuse desde 2024 a 47 centros de distintas entidades que traballan tamén no ámbito das persoas maiores en localidades das catro provincias e, en 2025, a Madrid. O obxectivo é compartir aprendizaxes e xerar unha rede de entidades sociais do ámbito do envellecemento activo e saudable con interese en traballar a mellora do benestar emocional a medida que envellecemos. 

Vídeos

Imaxes

  • Galego
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078