• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias CECA outorga o primeiro premio nacional de Educación Financeira ao proxecto ÍTACA de Afundación e ABANCA
Sala de prensa
CECA outorga o primeiro premio nacional de Educación Financeira ao proxecto ÍTACA de Afundación e ABANCA

CECA outorga o primeiro premio nacional de Educación Financeira ao proxecto ÍTACA de Afundación e ABANCA

mércores, 17 de decembro de 2025
Conocimiento y Formación

A Confederación Española de Caixas de Aforro (CECA) recoñeceu a ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, nunha gala de entrega celebrada este mediodía no Real Casino de Madrid. Os premios, que se entregan a nivel nacional e cumpren a súa vixésima edición, distinguen anualmente o labor daquelas entidades e fundacións que demostraron un alto grao de compromiso coa sociedade e coa contorna. Nesta ocasión, o programa «Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira» foi galardoado co primeiro premio na categoría de Educación Financeira para adultos. A coordinadora adxunta da área de Educación de Afundación, Carlota Sánchez-Montaña e o coordinador de RSC de Afundación, José Manuel Mourelo, recolleron o premio en nome da entidade.

Con esta distinción ao proxecto ÍTACA recoñécese o compromiso de Afundación e ABANCA coa posta en marcha de programas que promoven a mellora da cultura financeira da sociedade, permitindo unha adecuada toma de decisións por parte dos cidadáns ao poñer ao seu alcance os coñecementos necesarios. 

O PROGRAMA PREMIADO

«Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira» propón unha experiencia inmersiva pioneira en España que utiliza os personaxes e situacións da Odisea como metáforas dos retos financeiros que nos atopamos ao longo da nosa vida. A mostra aborda de maneira nova e atractiva para públicos de todas as idades os coñecementos, actitudes e comportamentos necesarios para avanzar cara a un maior benestar financeiro.

O obxectivo final é promover unha actitude positiva cara á xestión do diñeiro e para iso proporciona ferramentas e coñecementos sobre conceptos como a inflación, as débedas, os imprevistos, as ganancias, as perdas, os gastos ou os riscos cibernéticos, que son necesarios para afrontar os desafíos que nos afastan das nosas metas financeiras.

Esta innovadora proposta, na que participaron xa case 6000 persoas nas súas primeiras itinerancias en Vigo e A Coruña, onde estará ata o próximo 10 de xaneiro, forma parte do programa de educación financeira que desenvolven ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, desde 2015.

 

 

 

 

As imaxes do evento están dispoñibles AQUÍ

Vídeos

Imaxes

  • Galego
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078