• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Conócenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposiciones
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Belenes Afundación
    • Publicaciones
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Mayores
    • Programas
      • Catedra Logevidad
      • Aprendizaje permanente
      • Bienestar físico
      • Cultura digital
      • Conociendo las emociones
      • Entrenamiento cognitivo
      • Ocio activo
      • Valor de la experiencia
    • Espacios +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Hazte voluntari@
    • Programas +Sociales
      • Ayudar a Ucrania
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear y conversar
  • Agenda
Inicio Sala de prensa Noticias Antía Yáñez, Carmen Villar e Ricardo F. Colmenero, finalistas do XXIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
Sala de prensa
Antía Yáñez, Carmen Villar e Ricardo F. Colmenero, finalistas do XXIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Antía Yáñez, Carmen Villar e Ricardo F. Colmenero, finalistas do XXIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

miércoles, 15 de julio de 2026
Cultura

Afundación, a Obra Social de ABANCA, deu a coñecer hoxe na Sede Afundación de Pontevedra os artigos finalistas do XXIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego, que distingue os mellores artigos de opinión ou carácter literario publicados en galego. As persoas finalistas son Antía Yáñez, por «A memoria», publicado na Revista Luzes o 30 de decembro do 2025; Carmen Villar, por «E, de súpeto, as mans», publicado en Faro de Vigo o 5 de outubro do 2025; e Ricardo F. Colmenero por «Espertares», publicado en La Región o 28 de decembro do 2025.

O xurado, integrado por Víctor Freixanes, Carlos Valle, Xosé Carlos Caneiro, Fina Casalderrey, Gloria Rodríguez e Rexina Vega, volverá a reunirse no último trimestre do ano para escoller, de entre os 3 artigos finalistas, cal é o gañador.

 

A edición máis competida

Na rolda de prensa de hoxe, Gloria Rodríguez, coordinadora de Área de Comunicación de Afundación, destacou a alta participación nesta edición, convertíndoa na máis competida da historia do premio. Ademais puxo en valor o papel do xornalismo como «garantía dunha sociedade democrática, capaz de xerar reflexión, promover o diálogo e ofrecer información rigorosa nun contexto cada vez máis complexo». 

Víctor Freixanes, presidente do xurado, pola súa banda, quixo subliñar a xenerosidade de Afundación por seguir impulsando o premio e a significación da lingua galega como soporte para a creación literaria no xornalismo. Ademais considerou «a coherencia e calidade dos textos presentes como un exemplo da boa saúde do columnismo en Galicia».

 

Un total de 43 artigos optaban á XXIII edición do Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego. Podían presentarse artigos incluídos no xénero do xornalismo literario ou ben no xénero de artigo de opinión, coa única condición de que só se presentase un texto por autoría que fose recollido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025 en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de cabeceiras recoñecidas e escrito en lingua galega. O premio está dotado con 10 000 euros para o autor ou autora do artigo gañador e 2000 para as persoas finalistas.

 

Histórico de persoas premiadas

No histórico de persoas premiadas están Fina Casalderrey, gañadora da primeira edición, Miguel Anxo Murado, Eduardo Rolland, Rosa Aneiros, Santiago Lamas Crego, Manuel Rivas, Alberto Pena Rodríguez, Xosé Carlos Caneiro, Carlos G. Reigosa, Manuel Darriba, Manuel Bragado, Luís Pousa, Tamara Montero, María Varela,  Santiago Jaureguizar, Inma López Silva, Cristina Pato, Míriam Ferradáns, Francisco Castro, Mar Mato, Diego Ameixeiras e Rexina Vega, gañadora da última edición.

Os artigos premiados ata o ano 2024 foron escolmados nun libro pola Obra Social de ABANCA. O volume pode ser descargado sen custe, e en formato PDF, na web de Afundación.

 

 

Hai fotos dispoñibles do xurado nesta ligazón

 

Pódense ler os artigos premiados na  seguinte ligazón

Vídeos

Imágenes

  • Galego
  • Conócenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicaciones
    • Centros
  • Mayores
    • Programas Espacios +60
    • Espacios +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociales
  • Agenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servicios
  • Aviso legal y política de privacidad
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078