Afundación presenta o seu estudo A Economía Galega. Informe 2020-2021
22.07.2021. Afundación e ABANCA presentarán mañá, venres 23 de xullo ás 11.00 h, en colaboración co Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro de Investigacións ABANCA de IESIDE, na Sede Afundación de Santiago de Compostela, A Economía Galega. Informe 2020-2021. Este estudo socioeconómico de referencia, que se vén publicando desde 1986, preséntase na súa versión máis dinámica do resumo executivo en papel, reservando para final de mes a aparición do formato extenso en soporte online. No acto estiveron Pedro Otero, director xerente de Afundación e secretario xeral de IESIDE; Pedro Veiga, director adxunto de Planificación Estratéxica e PMO de ABANCA e coordinador do Centro de Investigaciones ABANCA de IESIDE; e Juan Ares, membro do IDEGA da USC e investigador do estudo.
|
Evento |
Presentación de A Economía Galega. Informe 2020-2021 |
|
Lugar |
Sede Afundación Santiago de Compostela |
|
Data e hora |
Venres, 23 de xullo, 11.00 h |
|
Asistencia |
Pedro Otero, director xerente de Afundación e secretario xeral de IESIDE Pedro Veiga, director adxunto de Planificación Estratéxica e PMO de ABANCA e coordinador do Centro de Investigaciones ABANCA de IESIDE Juan Ares, membro do IDEGA da USC e investigador do estudo |