• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Conócenos
  • Educación
    • Educación transformadora
      • IESIDE
      • Ciclos formativos
      • Internacionalización
      • Fomento de la RSC y economía social
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Área Educativa
      • Oferta educativa
      • Agenda
      • Educación S. XXI
    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposiciones
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Belenes Afundación
    • Publicaciones
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Envejecimiento activo
    • Programas Espazos+60
      • Acompañamiento +60
      • Aprendizaje permanente
      • Bienestar físico
      • Cultura digital
      • Emociones y soledades
      • Entrenamiento cognitivo
      • Ocio activo
      • Valor de la experiencia
    • Espacios +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Hazte [email protected]
    • Programas +Sociales
      • Ayudar a Ucrania
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear y conversar
  • Agenda
Inicio Agenda
Agenda
Busca por...

Nombre

Ciudad

Fecha

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidad

Concurso LETRAS GALEGAS 2022! Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z

Cultura Otras General
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Concurso LETRAS GALEGAS 2022! Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z
  • 12-05-2022 31-05-2022 Concurso LETRAS GALEGAS 2022! Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z Este ano 2022 celebramos o día das nosas letras dedicándollo ao escritor Florencio Delgado Gurriarán. E nós traémosche un concurso moi divertido, un quiz de preguntas e respostas para que poñas a proba os teus coñecementos sobre o autor. Participa! Afundación [email protected] Europe/Madrid public true Añadir al calendario
  • Fechas:

    13 a 22 MAY 2022

  • Modalidad:

    Online
Apúntate

Participa no concurso “Florencio Delgado do A ao Z” co gallo das LETRAS GALEGAS 2022! Desde o 13 e ata o 22 de maio tes a oportunidade de participar e levares un atractivo premio de estadía no Hotel Monumento Pazo do Castro, situado no Barco de Valdeorras, concello de orixe de Florencio Delgado. 

O concurso consta dun total de 23 preguntas con 3 opcións de resposta. Cada unha das preguntas do quiz están directamente vencelladas á vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, o autor celebrado no Día das Letras Galegas 2022. Para darche unha axudiña, tes á túa disposición unha bío sobre el debaixo destas liñas, tamén embaixo en PDF ou entrando na web letrasgalegas.afundacion.org. 

Para concursar só tes que entrar aquí letrasgalegas.afundacion.org e comezar a xogar. Lembra que tes unha bío para saber máis e atinar coas respostas... Ímoste poñer a proba! 

O concurso desenvolverase seguindo os termos e condicións indicados nas Bases AQUÍ ou tamén na web letrasgalegas.afundacion.org.

 

PREMIO

A persoa que obteña o maior número de respostas correctas, superior a 11, obterá o premio dunha estancia para 4 persoas no establecemento de Turismo Rural Hotel Monumento Pazo do Castro en réxime de Aloxamento e Almorzo, a gozar antes do 31 de decembro de 2022. 

No caso de existir un empate entre as persoas cun maior número de respostas correctas, levarase a cabo un sorteo entre ditas persoas.

E ademais, quen participen e acerten un mínimo de 11 respostas do Quiz entrarán directamente no sorteo dun premio consistente nunha estancia para 2 persoas no establecemento de Turismo Rural Hotel Monumento Pazo do Castro en réxime de Aloxamento e Almorzo, a gozar antes do 31 de decembro de 2022. 

 

BIO FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN (lectura recomendada para participar no concurso!)

Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu en Córgomo no ano 1903, no concello de Vilamartín de Valdeorras, as últimas terras ourensás antes de entrar en Castela.

Florencio tivo unha infancia chea de comodidades e privilexios en comparación coa maioría das nenas e nenos da súa época. Criouse nunha casa onde a lingua materna fora sempre o galego. Por mor da profesión do seu pai, a infancia de Florencio incluíu varias mudanzas. En 1909 trasladaríase á cidade de Ourense, onde pasaría os primeiros anos de escola; en 1913 instalaríase en Palencia, e en 1914 chegaría a Valladolid, onde realizaría os seus estudos de Dereito. Nesta cidade viviu a súa mocidade, mais sempre pasaba os veráns na súa aldea natal, en Valdeorras. Foi neses períodos de regreso a Galicia cando comezou a espertar o sentimento galeguista a partir da lectura de autores como Rosalía de Castro ou Curros Enríquez. El mesmo se definía coma un «Robinsón» galeguista en terras castelás.

Os primeiros escritos de Florencio foron xogos rimados, que aparecen recompilados en vellas carpetas que el titulou Trangalladas de meniño.

A comezos dos anos 30, Florencio comezaría a publicar poemas soltos en revistas coma El Heraldo de Galicia e en xornais coma A Nosa Terra, que fora un importante instrumento de expresión do galeguismo . Empezou a crear no seu maxín o mundo máxico da natureza de Valdeorras, que se reflicte en poemas: «O Castiñeiro morto», «Vente, ventiño do norte» ou «Festas. Folión de vran» . O activismo de Florencio a favor da lingua galega queda patente nas numerosas asociacións e institucións das que formou parte: Irmandades da Fala, Seminario de Estudos Galegos… Na súa defensa da lingua tivo sempre especial coidado en conservar os nomes orixinais das aldeas e vilas galegas, como ben reflicte no seu poema «Loubanza á toponimia enxebre».

En 1934 publicaría o seu primeiro libro, Bebedeira, poemario vencellado ao hilozoísmo, movemento poético propio da vangarda galega e inspirado na poesía popular, como podemos observar no exemplo desta estrofa:

O teu cabelo é viño branco,
os teus beizos viño tinto,
os teus ollos augardente...
quixera beberte a bicos!

O golpe de estado militar de 1936 que provocou a Guerra Civil colle ao noso poeta en Valdeorras, de onde tenta escapar rapidamente. Os coñecementos sobre os montes da comarca do seu irmán Lucio seranlle de grande axuda para fuxir cara a Portugal. Unha vez alí, consegue embarcar rumbo a Burdeos nun barco noruegués con tripulación portuguesa, O Douro.

Volve escribir poemas, en especial textos de carácter político, de denuncia do fascismo e de sátira contra as ideas e personaxes do franquismo, en especial o propio Franco, ao que se refire como «home pequeno, fol de veneno».

En 1939, rematada a guerra civil, parte nun barco cara a México, o Ipanema, xunto con miles de exiliados máis.

Florencio colabora activamente cos intelectuais no exilio e decide poñer en marcha varias revistas coma Vieiros ou Saudade, centrada exclusivamente no ámbito e no pensamento galeguista e na que a defensa do galego era o seu principio máis importante. Nesta última revista tiñan cabida artigos de todo tipo de temática: emigración, historia, economía, política… Dentro do eido literario publicaríanse traballos de ensaio, prosa e, sobre todo, poesía. Gurriarán colabora tamén como autor de varios destes poemas. En escritos de prensa ou revistas, utilizaría varios pseudónimos: Korgomófilo, Nadel, Porto do Río, Xan do Sil, Sil e R. Miño.

A través da revista Saudade, e como iniciativa do Partido Galeguista, sacan á luz unha antoloxía de poemas coa que querían homenaxear os compañeiros caídos na Guerra Civil. Particularmente, el tiña tres espiñas cravadas no peito, tres asasinatos, tres amigos que honra nos poemas «Alexandre Bóveda», «Segundo García Núñez» e «Un guerrilleiro».

En México desenvolveu todo tipo de oficios durante os primeiros anos, dende vendedor de produtos ata comercial dunha empresa de calzado. Grazas a este último traballo, Florencio coñecería a que logo sería a súa muller, Celia Teijeiro. En 1949 empezaría a traballar na sociedade farmacéutica Queralt Mir, onde continuaría ata a súa xubilación. Mais o seu traballo máis importante sería ao lado do grupo de emigrantes galegos no país, xunto aos que formou unha rede cultural galega imprescindible para a nosa historia.

A obra poética de Florencio Delgado é pouco extensa. Destacamos Bebedeira (1934), Galicia Infinda, publicado por Galaxia en 1963 e que reúne boa parte da súa poesía de posguerra, ou O soño do guieiro (1986), un encargo do Centro Galego de Bos Aires para conmemorar o 25 cabodano da morte de Castelao.

Florencio Delgado, o «poeta do viño e a viña», faleceu o 14 de maio de 1987 aos 83 anos en California, Estados Unidos, despois dunha vida dedicada á defensa da lingua e a cultura de Galicia.

(Bibliografía: Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade de Héctor Cajaraville)

 

Se prefires, podes descargar embaixo esta bío.

Consulta as BASES AQUÍ do concurso!

BIO Florencio Delgado Gurriarán PDF 365 KB
  • Galego
  • Conócenos
  • Educación
    • IESIDE
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicaciones
    • Centros
  • Envejecimiento activo
    • Programas Espazos +60
    • Espacios +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociales
  • Agenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servicios
  • Aviso legal y política de privacidad
  • Política de cookies
  • Mapa web
Copyright 2020 © Fundación Galicia Obra Social
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    [email protected]
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 120 078