• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Axenda
Axenda
Busca por...

Nome

Cidade

Data

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidade

Exposición VEXO, VEXO! QUE VES? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación en Vigo

Cultura Exposicións Escolares De pago
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Exposición VEXO, VEXO! QUE VES? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación en Vigo
  • 24-03-2022 17-06-2022 Exposición VEXO, VEXO! QUE VES? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación en Vigo Con vintesete pezas de autorías e soportes diversos, esta escolma da nosa Colección de Arte reflexiona sobre a comunicación a través do humor e a metáfora con propostas lúdicas. Mostra aberta só para escolares, previa cita a través da nosa Área Educativa Sede Afundación Vigo Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra) Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Engadir o calendario
  • ONDE:

    Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24 - 26. Vigo (Pontevedra)

  • Entrada:

    De pago

Ampliamos a oferta a escolares de Vigo e contorna, ofrecendo a mostra VEXO, VEXO! QUE VES? Xogo, humor e metáforas na Colección de Arte Afundación na Sala I da Sede Afundación de Vigo. Estará só aberta para os centros educativos, previa cita coa nosa Área Educativa, ata o 22 de xuño 2022. 

 

Esta escolma da Colección de Arte Afundación reflexiona sobre a capacidade comunicativa do humor e as metáforas, así como das propostas máis lúdicas. 27 pezas de autorías e soportes moi diversos: desde debuxos de Castelao, esculturas de Xurxo Oro Claro, a banda deseñada sobre a nosa Colección de Jacobo Fernández, etc. 

 

ARTISTAS

ISAAC PÉREZ VICENTE | CASTELAO | TONO CARBAJO | BERTA CÁCCAMO | HECTOR FRANCESCH | MANUEL VILARIÑO | SUSO FANDIÑO | JORGE PERIANES | VICENTE BLANCO | NANO4814 | HELENA SEGURA-TORRELLA | MIGUEL PIÑEIRO | JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO | ORO CLARO | DIEGO SANTOMÉ | CARBALLIDO | LOUREIRO | DIN MATAMORO

 

A arte ten infindos recursos para nos trasladar experiencias, sensacións e mensaxes. O humor e a metáfora visual, canda a súa vertente lúdica, son algúns dos mecanismos máis interesantes para procesar a realidade, xa que supoñen facelo dun xeito menos evidente e máis creativo. A arte contemporánea evita enunciar directamente as mensaxes, tende a evocalas e dar un papel activo ao público, polo que se serve destes recursos dun xeito único, despregando todo o seu potencial comunicativo. Igual que no xogo infantil Vexo, Vexo! Que ves?, imos apañando intuitivamente todos os detalles da peza de arte como se fosen pistas, até chegar a resolver o que nesta ocasión, e por se tratar de arte contemporánea, pode que teña moitas respostas.

A retranca, como emblema comunicativo do carácter galego, está moi presente nesta escolma de artistas do país. Esas chiscadelas visuais teñen grandes méritos. Permitiron escorregar mensaxes incómodas, zafar censuras e tamén conectar co público, ao proporcionaren unha versión máis amábel e divertida da arte, aínda falando de asuntos de envergadura. Grandes temas da nosa sociedade como a guerra, o amor, a natureza e o seu deterioro, ou a propia arte, son pensados e ridos ou chorados desde esa óptica particular que inflúe na súa creación e, indubidabelmente, na súa percepción.

 

PROGRAMA DIDÁCTICO

VISITA CREATIVA CON OBRADOIRO | INFANTIL A 3º PRIMARIA | duración 1 h 15 min

VISITA CREATIVA CON OBRADOIRO | 4º PRIMARIA A 2º ESO | duración 1 h 30 min

VISITA COMENTADA CON OBRADOIRO | BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS | duración 1 h 30 min

 

1 €/ ESCOLAR

 

Máis información e reservas en areaeducativavigo@afundacion.org ou no 986 129 032

 

Vexo, vexo. Colección de Arte Afundación
Vexo, vexo. Colección de Arte Afundación
Vexo, vexo. Colección de Arte Afundación
Vexo, vexo. Colección de Arte Afundación
Vexo, vexo. Colección de Arte Afundación
Vexo, vexo. Colección de Arte Afundación
Vexo, vexo. Colección de Arte Afundación
Vexo, vexo. Colección de Arte Afundación
  • Galego
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078