Entrega cheque taller solidario Espazo +60. A Coruña
O mercado solidario que organiza tradicionalmente o Espazo +60 Afundación da Coruña con produtos artesanais elaborados por persoas voluntarias do Espazo +60 A Coruña, participantes no «Obradoiro solidario» durante todo o curso, recadou un total de 3.500 € na edición que se celebrou durante o pasado mes de decembro. O xoves 8 de febreiro terá lugar a entrega do cheque solidario á Asociación Galega de Trasplantados de Médula Ósea (ASOTRAME).
No marco da entrega levarase a cabo unha charla do Dr. Debén, reputado hematólogo do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Este falará do estado/situación actual dos trasplantes de médula ósea, da importancia de facerse doante de médula ósea, e de sensibilizar a poboación sobre a repercusión que este feito pode ter na vida de miles de persoas.
As actuacións en beneficio de ASOTRAME completaranse coa actuación do grupo de teatro do Espazo +60 da Coruña na Ágora o 21 de marzo.
Entrada libre ata encher a capacidade.