Bases XXI Premio Afundación de Poesía
El XXI Premio de Poesía Afundación es una iniciativa de Fundación Galicia Obra Social (Afundación) y del Centro PEN de Galicia, y cuenta con el apoyo de la Consellería de Cultura, Educación e Universidade de la Xunta de Galicia.
BASES:
1. Poderán concorrer ao XXI Premio de Poesía Afundación persoas de calquera nacionalidade, maiores de idade e que non fosen premiadas cun Premio de Afundación nos últimos 5 anos. Presentarán unha soa obra escrita en lingua galega (segundo a normativa ortográfica vixente).
2. O premio, un e indivisible, está dotado con 6.000 €, cantidade da que se deducirán os correspondentes impostos.
3. As obras, que deberán ter unha extensión mínima de 600 versos, non poderán estar presentadas simultaneamente a outros concursos. Deben ser unha creación orixinal e inédita, é dicir, non poden ser unha copia, interpretación, tradución ou similar, dunha obra xa existente, e non poden estar publicadas nin en coñecemento do público mediante calquer medio con anterioridade.
4. Os orixinais deben de se presentar por quintuplicado, mecanografados e baixo lema. O mesmo lema deberá figurar no exterior dun sobre pechado que conteña os seguintes datos: título da obra, nome e apelidos da autoría, fotocopia do DNI, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto e breve CV.
5. Os traballos deben de se enviar por correo postal ou empresa mensaxeira a: Sede Afundación Vigo Rúa Policarpo Sanz, 26, 36202 - Vigo Indicarase XXI Premio de Poesía Afundación no sobre.
6. O prazo de admisión terminaráo 31 de xullo de 2023. Excluiranse todos os envíos que leven data posterior.
7. O xurado cualificador estará constituído por cinco persoas de recoñecido labor no ámbito literario. Como presidente actuará o titular do Centro PEN de Galicia e como secretario, o director desta entidade. Corresponde- ralle ao xurado a interpretación destas bases e a súa deci- sión será inapelable.
8. A decisión do xurado do XXI Premio de Poesía Afunda- ción farase pública, a través dos medios de comunica- ción, en outono de 2023.
9. Poderase declarar o premio deserto, de non existiren obras de calidade adecuada a xuízo do xurado.
10. A obra premiada publicarase na colección Arte de Trobar do Centro PEN de Galicia, e renunciará a autoría, na primeira edición, aos dereitos que puidesen corres- ponderlle. De existiren posteriores edicións, deberase facer constar nelas que a obra recibiu o XXI Premio de Poesía Afundación.
11. Non se devolverán os orixinais nin se admitirán reclamacións sobre eles. O feito de se presentar ao XXI Premio de Poesía Afundación implica a aceptación por parte das persoas participantes das presentes bases na súa totalidade.
12. Os datos de cada participante trataranse conforme ao disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo, coa finalidade de se utilizar para a realización de cantas xestións sexan necesarias para o desenvolvemento do concurso, a publicación do gañador/a e posterior entrega do premio. Neste sentido, cada participante declara e expresa o seu consentimento expreso para a publicación do nome do/a participante en calquera actividade pública de difusión do concurso e os seus actos promocionais e a comunicación dos datos ás outras entidades referidas ao principio destas bases para que estas poidan empregalos con idénticas finalidades que as outorgadas a Afundación. A base de lexitimación dos tratamentos será o consentimento libremente expresado nesta declaración, así como o desenvolvemento do interese lexítimo de Afundación, como organizador. Os datos gardaranse o tempo necesario para cumprir cos requirimentos legais esixidos. Quedan recoñecidos os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición e potabilidade, os cales poderán exercerse dirixindo un escrito, previa acreditación da personalidade, ao Comité de Protección de Datos e Privacidade, San Andrés 135-137, 2º Planta, 15003 A Coruña ou mediante o correo electrónico lopd@afundacion.org. O devandito consentimento e autorización é un requisito indispensable para a recepción do premio. Cada persoa participante e/ou gañadora comprométese a asinar con Afundación calquera documento en desenvolvemento da presente base.
13. De acordo á Lei de Propiedade Intelectual aprobada por Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril; recoñecerase sempre e en todo caso a autoría das obras. O autor/a da obra premiada cede os seus dereitos de explotación para a publicación, reprodución ou distribución da obra, con renuncia expresa a calquera tipo de reclamación que se poida derivar. A devandita autorización é un requisito indispensable para a recepción do premio. Cada persoa participante e/ou gañadora comprométese a asinar con Afundación calquera documento en desenvolvemento da presente base.
14. Afundación non se responsabiliza de calquer consecuencia ou incumprimento derivado das actuacións das persoas participantes por plaxio ou outro que puidesen vulnerar dereitos de terceiros ou polo uso indebido do premio outorgado; respondendo, chegado o caso, eles mesmos dos conflitos que se xerasen.
15. As persoas participantes e a persoa gañadora autori- zan tanto a Afundación como ás entidades referidas ao principio das presentes bases a que, a efectos da difusión das actividades do concurso e da concesión do premio, poidan obter mediante fotografía e/ou vídeo e difundir gratuitamente a súa imaxe física e/ou voz; en consecuen- cia, consenten expresamente que, a efectos da referida difusión, tanto Afundación como as referidas entidades obteñan, traten, reproduzan, distribúan e/ou comuniquen publicamente por calquera medio ou formato, a imaxe física e/ou voz. Cada persoa participante e/ou gañadora comprométese a asinar con Afundación calquera docu- mento en desenvolvemento da presente base.
16. O incumprimento dalgún dos requisitos ou das bases aquí establecidas, supoñerá a descualificación da persoa participante. Santiago de Compostela, febreiro de 2023
Puedes descargarte abajo las BASES en PDF.