• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Conócenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposiciones
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Belenes Afundación
    • Publicaciones
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Mayores
    • Programas
      • Catedra Logevidad
      • Aprendizaje permanente
      • Bienestar físico
      • Cultura digital
      • Conociendo las emociones
      • Entrenamiento cognitivo
      • Ocio activo
      • Valor de la experiencia
    • Espacios +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Hazte voluntari@
    • Programas +Sociales
      • Ayudar a Ucrania
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear y conversar
  • Agenda
Inicio Agenda
Agenda
Busca por...

Nombre

Ciudad

Fecha

Área

Público

Centro

Entrada

Modalidad

Labor xornalístico de Carlos Casares

Cultura Otras
Compartir:
  • ico-twitter En twitter
  • ico-facebook En facebook
  • LinkedIn En LinkedIn
Labor xornalístico de Carlos Casares
  • 15-05-2017 29-05-2017 Labor xornalístico de Carlos Casares Con motivo del Día das Letras Galegas, publicamos una selección de textos periodísticos de Carlos Casares. Afundación socioculturales@afundacion.org Europe/Madrid public true Añadir al calendario

Un mayo más, con motivo del Día das Letras Galegas, este año dedicado a Carlos Casares, nos sumamos a esta celebración poniendo en valor su labor periodística con una selección de textos publicados inicialmente en La Voz de Galicia, en la columna «Á marxe», entre los años 1992 a 2002.

Con nuestro agradecimiento a

 

UNHA PELÍCULA SOBRE BASQUIAT

Nunha ocasión, o célebre contrabaixo de jazz Charlie Mingus desfixo un coche contra unha farola por non matar un gato que se lle atravesou na estrada. O coche era do batería Max Roach, con quen discutira uns días antes sobre a cuestión de se paga a pena sufrir un accidente de circulación por non pillar un animal. Mingus defendía a tese máis favorable aos bichos, mentres que Roach pensaba todo o contrario. Curiosamente, o primeiro era moi agresivo coas persoas, en tanto que o outro era pacífico.

Non recordo onde lin esta historia, que me vén agora á cabeza cando vexo nos periódicos que se vai estrear moi pronto a película que o pintor Julian Schnabel fixo sobre o seu colega Jean-Michel Basquiat, aquel rapaciño de Brooklyn que empezou pintando macacos nas paredes do metro e chegou a ser un bo pintor.

Hai anos, un día vin un cadro seu que me chamou a atención: era como unha gran mancha encarnada que tiña, na parte esquerda, unha batería e unha máscara sobre ela, como se alguén estivese tocando. Por un movemento intuitivo pensei no citado Max Roach e case ao instante comprobei que aquel era exactamente o nome da pintura. Bastou ese detalle para que me interesase polo pintor. Agora só falta esperar que chegue a película e rezar para que os de sempre non esbardallen demasiado sobre Basquiat.

(Martes, 3 de setembro de 1996)

   

 

PASAXEIROS NUN TREN

No último número da revista Granta, o escritor alemán Hans Magnus Enzensberger describe con precisión unha experiencia que todos temos vivido algunha vez nas nosas vidas: un grupo de persoas viaxa tranquilamente no departamento case baleiro dun tren; as bolsas, os periódicos e as gabardinas descansan sobre os asentos non ocupados ata que, de pronto, nunha parada ábrese a porta corrediza e entran dous novos pasaxeiros. Irritados, os viaxeiros primitivos reaccionan con fastío ante a chegada dos intrusos.

A historia pódese volver un pouco máis complicada aínda. Por exemplo, os recén chegados, despois de ocupar os lugares que lles corresponden, pasados os primeiros minutos de tensión, esquecendo por completo que uns momentos antes eles eran molestos invasores, reaccionarán xa como nativos se de novo se abre a porta para dar paso a outros pasaxeiros dispostos a instalarse nos asentos que sobran.

Unha reacción tan común como esta por forza ten que saír dunha zona escura e profunda da alma humana, probablemente desa parte antiga do noso cerebro que compartimos con outros animais e onde se esconden as emocións e os instintos. Igual que os cans, defendemos o territorio que consideramos propio; e tamén da mesma maneira que os cans podemos trabar aos intrusos. Que o espazo que se protexe sexa un simple departamento de tren ou un país enteiro, tanto dá: miseria biolóxica que algúns converten en causa política.

(Luns, 1 de marzo de 1993)

 

  

A CASA DE ISLA NEGRA

Aínda que a casa de Pablo Neruda está nun lugar chamado Isla Negra, preto de Valparaíso, en realidade non se trata de ningunha illa, senón dun mirador espléndido sobre o Pacífico, un mar moito menos manso do que parece indicar o seu nome. Tampouco se pode dicir que aquilo sexa propiamente unha casa, senón un pequeno poboado composto por varias edificacións de pedra, independentes entre si. Mais que un espazo para vivir, semella un escenario para actuar, o teatro que o poeta levantou para representar a súa vida.

Unha vida dominada pola realidade invasora do mar, a gran metáfora. Neruda víao desde o salón, desde o comedor, desde o bar, desde a cama. E dentro da casa tiña máis de quince mil caracolas, áncoras, ducias de barquiños metidos en botellas e, sobre todo, mascaróns de proa. Estes últimos danlle a cada unha das estancias, a preferida polo poeta, o aire húmido e fantasmal da adega dun barco varado.

Unha vida tamén concibida como un xogo, quizais como o capricho sen fin dun neno consentido. Coleccionaba de todo: zapatos desmesurados, copas de cores, dentes de cachalote, xoguetes, instrumentos musicais, bonecas, postais, lámpadas... Tamén edicións de libros míticos, como o precioso exemplar da primeira edición de Madame Bovary, que eu tiven nas mans. Non resulta raro que un monumento tan excéntrico e fantástico fose declarado lugar perigoso para a patria pola furia analfabeta e mostrenca do xeneral Pinochet.

(Martes, 30 de marzo de 1993)

 

  

OS DELEITES DA LINGUAXE

Contaba don Ramón Otero Pedrayo que cando era neno e ía con seu pai a A Guarda, na desembocadura do Miño, andaba por alí un señor alto e solemne, magnificamente fateado en tons escuros, con bastón e monóculo, que falaba como Homero. Por exemplo, para dicir que cando había temporal do sur, os únicos barcos que se atrevían a saír eran os da Póvoa de Varzim, el dicíao desta maneira: «Cando sopra o vento africano, só as cóncavas naves de encarnadas velas que habitan na Póvoa se atreven a desafiar o poder das bravas ondas».

Máis ou menos así falaba tamén Pirino no meu tempo, un rapaz de Ourense que se expresaba na conversa dunha forma absolutamente libresca. Nunha ocasión citoume na rúa do Paseo para encontrarnos «al filo de las siete». Con Arturo Lezcano púxose metafórico un día na beira do Miño e díxolle que o río parecía «una piscina impetuosa». De Franco oínlle opinar que era «especie corta y gallinácea».

Extravagancias, loucuras á parte, non parece que vivamos nun mundo especialmente propicio para os deleites da linguaxe. Máis alá das queixas dos elegantes e os puristas, hai un empobrecemento evidente na maneira de falar, máis acentuado entre a xente moza: poucas palabras e mal expostas, moitos son de significado inconcreto e un argot de tinte tabernario e suspenso claro en bacherelato. Quizais unha reacción pura e dura contra a retórica.

(Martes, 23 de marzo de 1993)

 

 

UN PIANO ABANDONADO

Cando a miña irmá naceu, recibiu como regalo de bautismo un fermoso piano alemán que durante a nosa infancia foi o xoguete preferido de todos os nenos da familia. Para dicir a verdade, non sempre nos portamos ben con el, de maneira que algún cachete se perdeu cando os máis ousados, como revancha contra calquera castigo imposto polos maiores, non dubidaban en achegarse clandestinamente ata o salón e aporrear o teclado sen misericordia, non para amansarse coa música, senón para provocar un escándalo.

Cando se trataba de amansarnos antes de durmir, sobre todo nos días quentes de verán, o encargado de facelo era o meu tío José, que tocaba con gusto tranquilizadoras melodías románticas, algunhas delas da súa propia invención. Eu mesmo pasei moitas horas sentado no taburete, descifrando partituras e aburrindo escalas.

Hai anos que ese piano está abandonado nunha casa a medio caer, ingratamente tratado por todos, probablemente convertido xa nun montón de lixo. Acordeime hoxe del cando lin no periódico que un sobriño de Beethoven, que lle tiña regalado o piano do seu tío a unha institución vienesa, acabouno levando para outra cidade coa desculpa de que en Viena ía moito frío. Nunca pensara eu que os pianos podían sufrir. Debe ser ese o motivo de que ultimamente se me estean arrefriando no corazón algúns recordos daquela época.

(Miércoles, 11 de enero de 1995)

  

  

MARABILLAS 

Hoxe gustaríame escribir que me sinto melancólico ou como un lle queira chamar a iso, pero paréceme excesivo dar conta en público de sentimentos tan íntimos. De maneira que falaremos doutra cousa. Por exemplo, dese señor que nunha pequena vila americana próxima a San Diego, na fronteira con México, asegura ser amigo persoal de Satanás, con quen toma café de cando en vez. Escoiteino na tele e non me pareceu nin un tolo nin un farsante nin un idiota. Non quero dicir con isto que, descartadas esas tres posibilidades, dea por boa a afirmación deste home. Eu non creo que o demo tome café con ninguén e menos en California. Onte lin nun periódico de Madrid que un antigo ministro de Franco, xa desaparecido, estaba convencido de que Stalin falaba con Satanás en Bakú, a través do buraco dun pozo de petróleo ou algo así. Ogallá fose certo, pero cústame aceptalo, en parte porque sería máis cómodo e rápido que a visita se levase a cabo no mesmo Kremlim, sen necesidade de que o ditador tivese que trasladarse. Cando eu era neno e cría en Satanás, un día fun andando máis de dous ou tres quilómetros baixo un sol de lume, en pleno mes de agosto, porque o Toñito sacristán me convenceu de que detrás do altar de santo Antón estaba escondida a filla do demo. Xuro que a vin: pequeniña coma un paxaro, vestida cunha chaqueta de la encarnada, calzada con zapatos azuis e comendo pan con touciño. Cando cheguei á casa e contei o sucedido, a miña tía Isolina obrigoume a rezar un rosario. Estiven distraído, pensando naquela visión tan simpática. Daría algo por repetir a experiencia. O que pasa é que conforme pasan os anos, os ollos deixan de ver marabillas.

(Martes, 12 de mayo de 1998)

 

  • Galego
  • Conócenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicaciones
    • Centros
  • Mayores
    • Programas Espacios +60
    • Espacios +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociales
  • Agenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servicios
  • Aviso legal y política de privacidad
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078