• Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Programación Escolares
      • Infantil
      • Primaria
      • ESO
      • Bacherelato
      • Ciclos formativos
    • Centros educativos
      • A Coruña

      • Pontevedra

      • Santiago

      • Vigo

    • Premio
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
  • Cultura
    • Arte
      • Exposicións
      • Colección de arte
      • Corrente cultural
      • Acreativa
      • Arte e inclusión
    • Artes Escénicas
      • Espectáculos
      • Teatro Afundación Vigo
      • Sede Afundación Pontevedra
      • Auditorio ABANCA Santiago de Compostela
    • Premios
      • Premio Internacional Afundación de Investigación Educativa
      • Premio de Poesía Afundación
      • Premio Afundación de Periodismo Julio Camba
      • Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego
      • Concurso de Beléns Afundación
    • Publicacións
      • Buscador
      • Lista de autores
    • Centros
      • A Coruña
      • Ferrol
      • Lugo
      • Ourense
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
  • Maiores
    • Programas
      • Catedra Lonxevidade
      • Aprendizaxe permanente
      • Benestar físico
      • Cultura dixital
      • Coñecendo as emocións
      • Entrenamento cognitivo
      • Lecer activo
      • Valor da experiencia
    • Espazos +60
      • A Coruña
      • Betanzos
      • Ferrol
      • Lugo
      • Monforte de Lemos
      • Ourense
      • Pontedeume
      • Pontevedra
      • Santiago de Compostela
      • Vigo
      • Viveiro
    • +60 Online
      • Ver actividades
      • Asóciate
  • +Social
    • Voluntariado
      • Voluntariado corporativo
      • Voluntariado +60
      • Faite voluntari@
    • Programas +Sociais
      • Axudar a Ucraína
      • Plancton
      • Cubertos
      • Acompañámoste
      • Voluntariado medioambiental
      • Cultura por alimentos
      • Pedalear e conversar
  • Axenda
Inicio Sala de prensa Noticias Afundación leva a centros educativos de toda Galicia «Todas e todos contamos»
Sala de prensa
Afundación leva a centros educativos de toda Galicia «Todas e todos contamos»

Afundación leva a centros educativos de toda Galicia «Todas e todos contamos»

venres, 24 de outubro de 2025
Cultura

Esforzo, empatía, aceptación da diferenza, reforzo da autoestima ou respecto son algunhas dos ensinos presentes en «Todas e todos contamos», unha actividade impartida por persoas con discapacidade pertencentes á Fundación Igualarte da man de Afundación, a Obra Social de ABANCA. Este último trimestre de 2025 iníciase unha nova edición, que finalizará o próximo 11 de decembro, e na que participarán máis de 2200 escolares de 19 centros educativos das catro provincias galegas.

Esta revolucionaria proposta pon en valor a diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal, fomenta a inserción laboral de persoas con discapacidade e promove a súa autoestima e confianza ao exercer un rol activo na sociedade. A relación que se establece entre alumnos e monitores contribúe a mellorar a sensibilidade afectiva e emocional dos escolares, favorecer unha sociedade equitativa, xusta e diversa, e facilitar o establecemento de relacións interpersoais.

Contacontos, teatro, proxeccións audiovisuais ou talleres musicais, todos eles impartidos por persoas con discapacidade pertencentes á Fundación Igualarte, conforman a programación de «Todas e todos contamos», que cada centro escolar pode escoller.

Para infantil e primeiro de primaria deseñáronse dous contacontos. En «A familia» nárrase un conto creado pola Fundación Igualarte, de maneira teatralizada, ademais de signar as partes máis fundamentais, o que permite aos escolares familiarizarse coa lingua de signos. A historia trata sobre as diferentes familias coas que nos podemos atopar (monoparentais, numerosas, dous pais, dúas nais etc.).

Este curso, tamén para infantil e primeiro de primaria, incorporouse a proposta «A serea no océano», un conto teatralizado para visibilizar a beleza do mar e concienciar sobre a importancia do coidado dos océanos a través de elementos sensoriais.

Desde primeiro a cuarto de primaria preséntase «As tarefas do fogar, entre todas e todos», unha obra de teatro participativa con moito humor para comprender e aprender rindo que a igualdade de xénero é cousa seria. Para quinto e sexto de primaria ofrécense un taller de percusión e outro de globoflexia.

Finalmente, para o alumnado de primeiro e segundo de ESO proxéctanse dúas curtas. Con lupa é unha historia cotiá e íntima, construída sobre os silencios na que se presenta un catálogo de miradas nas que xacen os nosos prexuízos e medos. E Por iso, que narra a historia dunha moza con discapacidade que ten a inquietude de prolongar os seus estudos e atópase con barreiras inesperadas. A curtametraxe reivindica a igualdade de oportunidades educativas.

«Todas e todos contamos» nace para converterse nun referente de boas prácticas aliñado cos valores de sensibilización social no marco dos centros escolares. O seu desenvolvemento lévao a cabo Afundación, a Obra Social de ABANCA, e conta coa colaboración da Fundación Igualarte dedicada a traballar a favor do colectivo de persoas con discapacidade e a súa inclusión.

 

Imaxes dispoñibles AQUÍ.

Vídeos

Imaxes

  • Español
  • Coñécenos
  • Educación
    • Centros educativos
    • Área Educativa
    • Premio
  • Cultura
    • Arte
    • Artes Escénicas
    • Premios
    • Publicacións
    • Centros
  • Maiores
    • Programas Espazos +60
    • Espazos +60
    • +60 Online
  • +Social
    • Voluntariado
    • Programas +Sociais
  • Axenda
  • Centros
  • Colección
  • Sala de prensa
  • Afundación TV
  • Contacto
  • Boletín
  • Servizos
  • Aviso legal e política de privacidade
  • Política de cookies
  • Mapa web
  • Sede Afundación A Coruña

    Cantón Grande, 8. 15003 A Coruña
    socioculturales@afundacion.org
    981 185 060

  • Sede Afundación Vigo

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    socioculturales@afundacion.org
    986 120 078