Comentarios
Tres barcas varadas sobre a area impóñense con acentuado volume en primeiro plano. O grafismo do debuxo vese realzado por unha materia traballada en rosas, marróns e brancos con toques amarelos e azuis. A expresión do volume e maila profundidade coexisten con marcados ritmos superficiais que poñen en evidencia a planitude da tea.