• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Ero de Armenteira

BALTAR

Ero de Armenteira
INV:
9280
Año de creación:
1975
Dimensiones:
21 x 23 x 22
Técnica:
Barro cocido

Comentarios

Nesta obra de Arturo Baltar, unha figura sae da terra para entoar unha loanza persoal e emotiva. Unha peza realizada en barro que demostra a enorme forza plástica da súa obra. Un home coas mans entrelazadas marca un expresivo silencio que transmite un suave sentimento de paz.

Unha escultura de pequeno formato na que o autor emprega o único material que quixo utilizar ao longo da súa carreira, o barro, e que lle serve para falar dos pequenos momentos da vida, a poesía das cousas cotiás.

Unha figura de contorno abrupto chea de sucos e asperezas onde os dedos do artista son a ferramenta de traballo. Un ritmo no trazado de aparente simplicidade, pero que encerra unha coidada elaboración e un profundo contido espiritual. Non en van, esta peza enlázase coa lenda do milagre acontecido ao nobre Ero, abade do mosteiro de Armenteira, baseada na Cantiga de Santa María número 103, do rei Afonso X. Nela, o nobre Ero pídelle á Virxe que lle mostre cal é a felicidade dos que están no Paraíso e esta crea o milagre de permitirlle estar 300 anos a contemplar o canto dun paxaro.

Exposiciones

Exposición Ourense Arte Esencial. De Antonio Puga aos nosos días, no Centro Social Caixanova Ourense. Novembro 2005 - xaneiro 2006.

Exposición Espazo Colección Caixanova, no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.

"Arturo Baltar" Centro Cultural da Deputación de Ourense" Do 21 decembro 2007 ao 3 febreiro 2008.

Reproducciones

Ourense arte esencial. De Antonio Puga aos nosos días, páxina 50.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78