EN VILLAMARÍN
- INV:
- 9263
- Año de creación:
- 1995
- Dimensiones:
- 100 x 120 x 30
- Técnica:
- Refractario
Comentarios
Acisclo presenta a peza coma un friso, unha proposta horizontal que se desprega ante a mirada coma unha suxestión que necesita de repouso e análises para extraer dela a súa verdadeira esencia.O autor rememora a etapa ibicenca, a inspiración nos restos do Partenín, en vestixios tan presentes no noso tempo que permiten adiviña-las formas dun corpo feminino recostado como o dunha deusa. Tórnase física a rotundidade das coxas e a delicadeza do seo levemente apuntado. A calidez do material, a maleabilidade da terracota permítelle imprimi-las súas mans, traspasa-lo alento da vida, un rastro humano e finito que se mestura co eterno e o atemporal, que se fonde coa natureza, coa nai terra.
O tema da memoria está presente en todo momento, a obra acumula experiencias visuais aprendidas e interiorizadas para desvelar pegadas e sentimentos que remiten á nosa herdanza cultural, á nosa identidade colectiva.
Exposiciones
"Acisclo Manzano". Serie Grandes Artistas Gallegos. Centro Cultural Caixanova. Vigo. Do 12 de setembro ao 13 de outubro de 2002. Sala de Exposicions San José. Do 17 de outubro ao 16 de novembro de 2002.