Personaxes de Millet
- INV:
- 9256
- Año de creación:
- 2000
- Dimensiones:
- 110 x 28 x 28
- Técnica:
- Bronce
Comentarios
A extraordinaria estilización das formas parece suxeri-las siluetas dunha muller e dun home. Ambas formas se amoldan, se adaptan ós perfís da outra como se puidesen encaixar una na outra e, sen embargo, están separadas xerando un oco, un interior de forma alveolar, o que acentúa a impresión de fraxilidade e incluso de contención e de respecto.A obra, realizada en bronce, adquire un ton brillante e pulido, con reflexos dourados na zona interior, no oco de encaixe. Esto provoca un contraste de luces e sombras, de brillo e opacidade. Este desexo por plasma-las superficies redondeadas, bañadas pola luz que esvara acentuando a suavidade das formas, remite a Brancusi, nunha obra orgánica e chea de espiritualidade.
Coma os personaxes concibidos por Millet no Ángelus, onde o tempo se interrompe e o traballo se detén para a oración, a peza de Silverio Rivas transmite a mesma sensación de relixiosidade e silencio, de harmonía entre o home e o seu contorno.
EXPOSICIÓNS:
"Silverio Rivas". Do 4 de maio ó 2 de xuño de 2001. Galería de arte Contemporáneo VGO, Vigo
Exposiciones
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.