SILVERIO RIVAS
Rivas Alonso, Silverio
( Ponteareas, Pontevedra, 24 de noviembre de 1942 )
Biografía
Iniciou os estudios na Escola de Artes e Oficios de Vigo que continou na de Madrid. Durante dous anos traballou no taller do escultor Francisco Barón. En 1979 establécese en París, onde expón a súa obra, así como en Bélxica e Holanda. En 1970 concorre á Bienal de Pontevedra. Expón por primeira vez en Galicia na sala de Caixavigo. Participa na mostra de "Arte xove de Galicia", que organiza o Museo Carlos Maside de Sada, A Coruña, realizando diversas experiencias ó longo dos anos oitenta no laboratorio deste. A súa obra percorre España e salta a Inglaterra e Alemaña. Participa en importantes colectivas e en 1990 realiza unha obra de grandes dimensións para a Praza de América en Vigo, exemplo de sinxelexa do concepto e de plasticidade, que tallou directamente en granito do Porriño. Está representado en museos de Galicia, noutros de provincias de España e mais en importantes coleccións institucionais. Silverio Rivas é un informalista que traballa indistintamente a pedra, a madeira e o bronce, aínda que é con esta última materia coa que mellor se expresa. Razoante, conceptual, os seus volumes articulados son moi suxerentes, en xogos de curvas e ángulos que adoptan diferentes morfoloxías. Sempre é iconoplasta, xeometrizante, con influencias de Brancusi.
Bibliografía
-Gamoneda, Antonio: Silverio Rivas. A Coruña, Edit., Atlántico, 1981. -20 años de arte en Pontevedra. Pontevedra, Diputación Provincial, 1989. -Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981.