Comentarios
Acisclo foi un renovador da escultura en Galicia e na liña da innovación segue traballando o barro, a madeira, o bronce e o ferro. Pero convén destacar que, desde os primeiros momentos, a materia, o barro e a madeira, adquiriron nas súas mans a configuración do seu estilo escultórico. Aínda que as súas obras respondan a criterios plásticos, nelas plásmase sobre todo a linguaxe que habita o universo imaxinario do seu autor. “Lonxe” caracterízase por unha extraordinaria elegancia cromática, por unha beleza que se fundamenta na harmonía sen excluí-los motivos de melancolía e inquietude, e se, por unha parte, ó incidi-la luz sobre a cor gris prateada do grafito que cobre o corpo da escultura, esta se fai tanxible, por outra, parece unha sombra, por iso hai que contemplala, para sentir presencias que sinalan outras cousas, outros posibles estados que evocan un máis alá.
Bibliografía
VV.AA “Acisclo en Villamarín” catálogo da exposición reproducida a obra na páx. 34.
Exposiciones
“Búsquedas y encuentros” no Palacio de Galveias de Lisboa en 1998 producida en colaboración con Caixavigo, Universidade de Compostela, Embaixada de España e Cámara Municipal de Cultura de Lisboa, con motivo da Exposición Universal de Lisboa de 1998; “Acisclo en Villamarín” 1998, Deputación Provincial de Ourense.