• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Quesada

ACISCLO MANZANO

Quesada
INV:
9229
Año de creación:
1964
Dimensiones:
34 x 23 x 26
Técnica:
Madeira de castiñeiro policromada

Comentarios

O bo oficio e o dominio da técnica artesanal do traballo da madeira son aspectos a destacar nesta cabeza, unha obra da primeira época do artista. Nace a peza do enfrontamento directo do seu autor co soporte material, sen estudios previos. É unha obra que xorde dunha actitude espontánea e directa, lírica e impulsiva, respectando as propiedades naturais do tronco que emprega, deixando aflora-la beleza da madeira e a súa forza e expresividade reflictidas no retrato que fai dun personaxe anónimo. As pegadas da gubia, a policromía e a propia fenda que se forma na madeira contribúen a este efecto combinado do tenro e o sentimental co enérxico e irónico do carácter do artista.

Exposiciones

Estivo exposta na casa do pintor Xaime Quesada.

"Xaime Quessada y Acisclo Manzano", do 11 de xullo ao 27 de agosto de 2000 no Museo Diocesano de Barcelona.

"Acisclo Manzano". Serie Grandes Artistas Gallegos. Centro Cultural Caixanova. Vigo. Do 12 de setembro ao 13 de ootubro de 2002. Sala de Exposiciones San José. Do 17 de outubro ao 16 de novembro de 2002.

"Acisclo: sete décadas", Sede Afundación Ourense, do 21 de marzo ao 3 de xuño de 2023 (reproducida no catálogo).

 

  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78