Repouso
- INV:
- 9228
- Año de creación:
- 1989
- Dimensiones:
- 58 x 83 x 11
- Técnica:
- Terracota
Comentarios
Neste torso, que non é de vulto redondo, que nos obriga a miralo de fronte, nestas formas palpables cóncavas e convexas, de cor da carne, vemos luces e sombras que son a propia materia, unha materia que nalgúns puntos só ten medio centímetro de espesor. Son formas que se repiten en diferentes esculturas do seu autor, todas elas coa peculiaridade dese estremecemento identificativo da arte de Acisclo. Hai polo medio, e en distintos puntos do seu corpo, marcas, raias e enrugas, que son como evocacións de estados anímicos que traslocen emocións e vida.Bibliografía
X.M. García Iglesias presentación do catálogo da exposición do Parlamento de Galicia de 1993 coa obra reproducida.Exposiciones
“Galicia hoxe, Galicia sempre” Parlamento de Galicia 1993; “Búsquedas y Encuentros” no Palacio de Galveias de Lisboa en 1998 producida en colaboración con Caixavigo, Universidade de Compostela, Embaixada de España e Cámara Municipal de Cultura de Lisboa, con motivo da Exposición Universal de Lisboa de 1998.
"Acisclo Manzano". Serie Grandes Artistas Gallegos. Centro Cultural Caixanova. Vigo. Do 12 de setembro ao 13 de outubro de 2002. Sala de Exposicións San José. Do 17 de outubro ao 16 de novembro de 2002.