Cabeza
- INV:
- 9215
- Año de creación:
- 1997
- Dimensiones:
- 86 x 116 x 59
- Técnica:
- Ferro
Comentarios
Colocada directamente sobre o solo xorde a escultura como un ser antropomórfico, na creación do cal pervive a orixe xeográfica da súa autora. O volume, as arestas e as curvas, que deforman a cabeza dándolle o anonimato dunha máscara ou un tótem, levan implícita a súa propia monumentalidade. Ó observala non podemos deixar de evoca-las cabezas talladas en pedra basáltica da arte Olmeca, ou os máis de mil rostros de pedra que miran fixamente ó horizonte na misteriosa illa de Rapa Nui.Exposiciones
III Foro Atlántico de Arte Contemporánea, G. Lepina, Estación Marítima, A Coruña, do 18 ó 22 de setembro de 1997.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester, Ferrol do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura, Pontevedra do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.