Meiga
- INV:
- 9161
- Año de creación:
- 1988 - 1990
- Dimensiones:
- 34 x 23 x 43
- Técnica:
- Bronce e madeira
Comentarios
O tema das bruxas e das meigas é unha fonte continua de inspiración na iconografía do autor, que atrapa o espírito e a maxia atribuída a estes seres míticos, cargados de simbolismo e significación na cultura popular galega.A obra, concibida coa habitual combinación de materiais, o bronce e a madeira, presenta a unha vella bruxa cuberta cunha caparuza. O seu corpo está totalmente arqueado describindo, o imesmo que a raíz de curvas imposibles, unha postura de gran complexidade que enfatiza a expresividade da obra e se corresponde coa súa natureza escura e enigmática.
O dominio da materia permite alternar zonas texturadas de difícil relevo con superficies lisas, acadando ricos contrastes lumínicos que enriquecen a peza invitando a contemplala dende múltiples puntos de vista.