• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Fray escoba

ACISCLO MANZANO

Fray escoba
INV:
9159
Año de creación:
1964
Dimensiones:
158 x 30 x 20
Técnica:
Madeira

Comentarios

A primeira peza co tema do Frei Escoba foi recreada polo autor ós dezasete anos, o que demostra a relevancia desta iconografía nos comezos da súa traxectoria artística aínda que a imaxe non foi do gusto da xerarquía eclesiástica do momento.

A talla, realizada en madeira, o material da súa primeira época, é tosca e austera, destacando o rostro adusto e serio do frade, co corpo adaptado ó tronco nai, conservando incluso a mesma forma e inclinación. O tratamento ó que é sometida a peza, queimando a madeira e trazando incisións coa gubia, dá como resultado unha obra expresionista, plasticamente innovadora e de forte carga emocional.

A influencia do Mestre Mateo é obvia nesta primeira etapa de formación, sendo evidente o compoñente de ascetismo nesta peza monolítica e compacta que non deixa lugar ó oco e onde a súa contemplación suxire sobriedade e misticismo.




Exposiciones

"Galicia Hoxe, Galicia Sempre. Acisclo Escultura. Quesada Pintura". Do 28 de xuño ao 1 de setembro de 1993, Parlamento de Galicia, Santiago de Compostela.
"Quesada-Acisclo. Búsquedas y encuentros". Do 18 de setembro ao 18 de outubro de 1998. Exposición Universal de Lisboa, Palacio Galveias, Lisboa.
"Acisclo Manzano". Serie Grandes Artistas Galegos. Centro Cultural Caixanova. Vigo. Do 12 de setembro ao 13 de outubro de 2002.  Sala de Exposicións San José.  Do 17 de outubro ao 16 de novembro de 2002.

Reproducciones

"Galicia Hoxe, Galicia Sempre. Acisclo Escultura. Quesada Pintura". Parlamento de Galicia, A Coruña, 1993, catálogo, s.p.
"Quesada-Acisclo. Búsquedas y encuentros". A Coruña, 1998, páx. 156, catálogo, s.p.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78