• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Arbol

BALTAR

Arbol
INV:
9148
Año de creación:
1977
Dimensiones:
66 x 11 x 10
Técnica:
Barro

Comentarios

As figuras dos nacementos de Baltar están investidas dunha extraordinaria dozura e humanidade. Inspíranse en xentes entrañables e humildes que o autor, en moitos casos, coñeceu persoalmente. O material empregado é o barro policromado, o que enriquece a obra e acentúa a expresividade das figuras creadas directamente cunhas mans que delatan coñecementos da arte tradicional galega.

A Virxe María é unha muller sinxela e repousada que se presenta sentada e descalza, cunhas vestiduras alegres e coloristas, case populares polas súas formas decorativas. Sostén ao Neno Xesús, gordiño e xoguetón, que dirixe cara a ela a súa mirada mentres súa nai mantén unha actitude contemplativa, chea de dozura. San Xosé, co rostro envellecido, recorda a un pelegrín cansado camiño de Compostela. Os seus ollos entornados delatan que está dormido, posiblemente soñando coa Matanza dos Inocentes, premonición pola que deciden fuxir a Exipto.

A Sagrada Familia está acompañada de dúas pastorciñas, cuns rostros cargados de devoción e espiritualidade que constitúen o mellor exemplo da capacidade do autor para trasmitir emocións e sentimentos universais. O único elemento de referencia escenográfica e espacial é o tronco da árbore que sitúa as figuras nun contexto natural e simbólico.

A forza expresiva das faces identifica aos personaxes transmitindo os ideais relixiosos que caracterizan a cada un deles, A Gracia, a Serenidade e a Fe.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78