• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

SAN JOSÉ

BALTAR

SAN JOSÉ
INV:
9147
Año de creación:
1977
Dimensiones:
46 x 20 x 30
Técnica:
Barro policromado

Comentarios

As figuras dos nacementos de Baltar están investidas dunha extraordinaria dozura e humanidade. Inspíranse en xentes entrañables e humildes que o autor, en moitos casos, coñeceu personalmente. O material empregado é o barro policromado, o que enriquece á obra e acentúa a expresividade das figuras creadas directamente cunhas mans que delatan coñecementos da arte tradicional galega.

A Virxe María é unha muller sinxela e repousada que se presrnta sentada e descalza, cunhas vestiduras alegres e coloristas, case populares polas súas formas decorativas. Leva ao Neno Xesús, gordiño e rebuldeiro, que dirixe cara ela a súa mirada mentres a súa nai mantén unha actitude contemplativa, chea de dozura. San Xosé, coa face envellecida, lembra a un peregrino canso camiño de Compostela. Os seus ollos entoados delatan que está durmido, posiblemente soñando coa Matanza dos Inocentes, premonición pola que deciden fuxir a Exipto.

A Sagrada Familia está acompañada por dous pastorciñas, cuns rostros, carregados de devoción e espiritualidade, constitúen o mellor exemplo da capacidade do autor para transmitir emocións e sentimentos universais. O único elemento de referencia escenográfica e espacial é o toro da árbore que sitúa ás figuras nun contexto natural e simbólico.

A forza expresiva dos rostros identifica aos personaxes transmitindo os ideais relixiosos que caracterizan a cada un deles, a Gracia, a Serenidade e a Fe.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78