• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Nena mirando

ANTÓN FAÍLDE

Nena mirando
INV:
9144
Año de creación:
1970 - 1973
Dimensiones:
35 x 20 x 28
Técnica:
Bronce

Comentarios

A obra, fundida en bronce no ano 1986, conserva a calidez da peza de barro, da que nace, sendo visibles as pegadas do seu autor, a tenrura que lles confería a tódalas súas criaturas. O xesto da rapaza sentada, dirixindo a súa mirada ó aire, é soñador e ausente. Os sentimentos de inocencia e humanidade fanse evidentes nunha peza que inspira desexos de abrazar á figura, que busca a implicación afectiva entre obra e espectador.

A sinxeleza é o rasgo máis destacado da peza que, a pesar do seu pequeño tamaño, sorprende pola súa monumentalidade e pola rotundidade das formas. O seu volume compacto evidencia unha obra ben construída, con dominio do oficio, que se apoia nos seus coñecementos do Románico e da arte popular.

A presencia da liña curva, da forma pechada e concreta da figura, é un exemplo da clara evolución do artista nos seus anos finais, nos que logra mante-lo difícil equilibrio que supón asimila-lo máis tradicional da plástica galega, dos canteiros, para gañar con esto en modernidade e innovación.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78