Comentarios
A humildade dos labregos galegos é o tema de inspiración preferido polo Xosé Cid da primeira época. Crea obras sinxelas, esenciais, concibidas cunha parquedade de datos e de expresións.
A figura feminina, vestida con capa e caparuza, leva un legón ó ombro. A súa face, da que só podemos distinguir un delgado nariz, é simple e esquemática. O aspecto final da peza resulta sólido e monolítico.
O material empregado polo autor nestes primeiros traballos é o barro, do que extrae ricos efectos lumínicos. As luces e as sombras son posibles gracias ó especial traballo do creador, que consiste en violenta-la superficie branda do material mediante pequenas oquedades e incisións redondas, acadando un relevo texturado e abrupto.
A peza, sen policromar, respecta a cor e a esencia do material, o que lle confire un aspecto sobrio, case pobre na súa austeridade ornamental.
EXPOSICIÓNS:
"Xosé Cid". 1981. Sala de exposicións de Caixaourense. A Coruña.