• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Maternidade

XOSÉ CID

Maternidade
INV:
9136
Año de creación:
1979
Dimensiones:
98 x 63 x 0
Técnica:
Talla en madeira

Comentarios

Sempre é interesante aproximarse ás creacións en madeira do autor, nas que desprega os seus coñecementos da talla directa, recreándose no tema que o apaixona, o ser humano. Neste caso, presenta un sinxelo relevo concibido como un retablo de madeira onde se intúen as siluetas dunha nai co seu fillo. Todo está tallado en altorrelevo que suxire máis que describe, insinuando as formas que parecen emerxer da materia, actuando como ondas de auga sobre a superficie baleira do retablo. Os corpos, os seus contornos están traballados coidadosamente, delimitando sutís formas antropomorfas que case rozan a abstracción. As teas remiten ós relevos clásicos, a técnica dos panos mollados, con pregamentos finos que xeran xogos de curvas e contra-curvas en infinitas ondulacións que o autor define con absoluta elegancia e mestría, gozando, en todo momento, da textura e calidades do material. EXPOSICIÓNS: "Xosé Cid". 1981. Sala de Exposicións de Caixaourense, A Coruña.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78