• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Obras
Obras
Busca por...

Obra

Artista

Técnica

Palabra clave

Inventario

Por año

Afiador

ARBOIRO

Afiador
INV:
9133
Año de creación:
1980 - 1982
Dimensiones:
59 x 20 x 37
Técnica:
Bronce e madeira de buxo

Comentarios

O interese do artista polo oficio de afiador levouno non só a retratar en numerosas ocasións ó vello artesán senón a ter unha importante colección de rodas de afiar.

Froito do seu coñecemneto do labor artesanal, o autor reflicte o traballo con sinxeleza. O afiador, con boina na cabeza, represéntase ensumido no seu traballo manual, afiando unha fouce. O seu pé esquerdo acciona o pedal mentres o pé dereito asenta con seguridade no chan.

A figura non é refinada nin delicada, a superficie áspera e rugosa, transmitindo unha gran sensación de verismo. Observamos a un home sinxelo vestido con roupa de traballo, non hai nada superfluo nin nada posto ó azar, é unha visión sincera e directa dun oficio tradicional a piques de desaparecer.

O contraste entre o bronce e a madeira, empregada como base, é unha constante na obra deste autor en contacto directo coa natureza, da que extrae materiais de formas sempre diferentes que conseguen que cada unha das súas creacións sexan pezas únicas.

Exposiciones

"Esculturas de Florencio de Arboiro". 1982. Sala de Exposicións de Caixaourense, A Coruña.
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2025© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    coleccion@afundacion.org
    986 12 00 84 / 986 12 00 78